Catalán ribagorzano

O catalán ribagorzano (català ribagorçà) é un dialecto catalán propio das comarcas aragonesas da Ribagorza (vales dos ríos Isàvena e Noguera Ribagorzana) e da Llitera.

Límites lingüísticos do ribagozano segundo Ramon Sistac
Os falares de transición ribagorzanos e a súa extensión local (segundo J. Montclús e A. Quintana en 1989)

Características

editar

Algunhas características do ribagorzano:

Fonética

editar

Vocalismo tónico

editar
  • A terminación -er emmudece o -r- (como é propio do dialecto noroccidental) mais a pronuncia do e é marcadamente aberto. Carrer pronúnciase, tal que logo, "carrè".

Consonantismo

editar
  • A máis evidente e exclusiva entre os dialectos cataláns, a palatalización da consoante lateral oclusiva: cllau (por 'clau'), bllat (por 'blat'), fllor por 'flor'), e tamén noutros grupos consonánticos como parllar (por 'parlar') ou Cerller (topónimo autóctono).
  • Enxordecemento das consoantes sibilantes sonoras (como no valenciano apitxat): a diferenza entre o s xordo e o s sonoro perdeuse, simplicándose no s sordo: "cassa" por casa.
  • A sibilante palatal [S] soa como "tx", agás cando vai tras un i: caixa, baixar...
  • Algúns "j" e "i+g" pronúncianse como un "i" consonántico: "maió" por major, "mai" por maig... Mais non sempre é así: mig, raig... Tamén hai casos non que se transformou en muda: barrejar, festejar...

Morfoloxía

editar

Morfoloxía nominal

editar
  • Preserva un sistema de demostrativos de tres graos (como o valenciano): esto esta estos estes; eixo eixa eixos eixes e aquell aquella aquells aquelles; tamén nos neutros açò, això, allò; e nos locativos ací, astí, allí (ou allá)
  • Conserva a forma medieval plena do artigo determinado masculino: "lo" e "los". Cando fai sinalefa coa vogal anterior, pasan a "el" e a "els", pronunciándose 'l e 'ls.
  • Os pronomes adverbiais ho e hi alternan con hue e hie (pensa-hie)
  • Substitución de gens por molla (No nya-hi molla de boira)
  • Cap a substitúese por enta, enda ou ta (camí ta dalt)

Morfoloxía verbal

editar
  • Preserva o -v- (pronunciado [b]) nas terminacións dos imperfectos dos verbos das tres terminacións (como no pallarés ou no alguerés): jo parlava, jo temiva, jo partiva.
  • Como é propio do dialecto noroccidental, o a final das terceiras persoas do singular do presente de indicativo, do imperfecto de indicativo e do condicional pronúnciase [e]: ell parle, parlave, parlarie.
  • Segue o modelo do bloque occidental polo que fai ao presente de subxuntivo (parle, parles, parle, parlem, parleu, parlen) e o imperfecto de subxuntivo (parlés, parlesses, parlés, parléssem, parlésseu, parlessen).
  • Conxúganse de forma incoativa todos os verbos da terceira conxugación e, como é propiio do bloque occidental, o incoativo é "ix" ou "isc", pero coa particularidade que "ix" pronúnciase [is] "iss", nunca "i+xeix" [iS].

Léxico

editar

O ribagorzano presenta palabras comúns ao resto dos dialectos pirenaicos do catalán:bres (berce), compartidas co aragonés: ababol ou babol (papoula), co gascón: auca (ganso) ou específicos: cotxo (can), amortar (apagar), tarna (anaco)

O caso do benasqués

editar

O benasqués fálase no Val de Benasque e constitúe unha fala de transición entre o aragonés e o catalán que boa parte dos lingüistas consideran dentro do diasistema aragonés (Menéndez Pidal, Badia, Borja Moll, Manuel Alvar ou Joan Veny)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Joan Veny Els parlars catalans (Síntesi de dialectologia). Editorial Moll, 1998