Stuart Sutcliffe

pintor, poeta e o baixista orixinal do grupo británico The Beatles

Stuart Fergusson Victor Sutcliffe máis coñecido como Stuart Sutcliffe e nado o 23 de xuño de 1940 en Edimburgo, Escocia (Reino Unido) e finado o 10 de abril de 1962 en Hamburgo (Alemaña) foi un pintor, poeta e o baixista orixinal do grupo británico The Beatles. Cursou estudos no Art College de Liverpool, onde aos 19 anos considerarono como o máis talentoso e prometedor estudante de pintura.

Stuart Sutcliffe
Nome completoStewart Fergusson Victor Sutcliffe
Alias“Stu”
Data nacemento23 de xullo de 1940
Nado enEdimburgo, Escocia,
Reino Unido Reino Unido
Falecemento10 de abril de 1962 (21 anos)
Hamburgo Alemaña Alemaña
 Hamburgo
Causahemorraxia cerebral
SoterradoSt Michael's Church, Huyton
OcupaciónPoeta, pintor, músico
Xénerorock
Instrumento(s)baixo
Selo(s) discográfico(s)Parlophone
Relacionado conThe Beatles
Tempo en activo1959-1962
Na rede
http://stuartsutcliffeart.com
IMDB: nm4931653 Musicbrainz: 49a51491-650e-44b3-8085-2f07ac2986dd Discogs: 459513 Allmusic: mn0001758442 WikiTree: Sutcliffe-485 Find a Grave: 2680 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

O pai de Sutcliffe, Carlos Sutcliffe (1905 - 1966) foi un alto funcionario, que se trasladou a Liverpool para axudar nas labores da guerra en 1943 e logo asinou como enxeñeiro dun barco facéndose ao mar nos primeiros anos da vida do seu fillo. A súa nai, Millie, era profesora dunha escola para nenos. Sutcliffe tiña dúas irmás máis novas, Pauline e Joyce.

Sutcliffe, (quen foi integrado á banda só por que esta tiña a imperiosa necesidade de posuír un baixista) naceu no Simpson Memorial Maternity Pavilion Hospital, en Edimburgo, Escocia,[1] e despois a súa familia mudouse ao sur,[2] foi criado no 37 Aigburth Drive en Liverpool

Foi amigo íntimo de John Lennon motivo polo cal entrou no grupo en 1959. Segundo conta Paul McCartney cando Stuart vendeu unha das súas pinturas en 1959 por 65 libras, John e Paul convencérono de comprar con ese diñeiro un baixo eléctrico de fabricación alemána marca Höfner, o cal moi dificilmente sabía tocar, e unirse á banda. Dise que o usaba máis por estética que por interese xenuíno en ser músico; segundo Paul "era mellor ter un baixista que non sabía tocar que non ter baixista". Nalgunhas das primeiras fotos do grupo, cando aínda eran descoñecidos, pódeselle ver tocando de costas ao público para ocultar a súa falta de práctica. En realidade o seu interese por ser parte dunha banda de Rock & Roll, ademais da súa amizade con John, era o de reforzar a súa imaxe de "bohemio" no instituto.

É neses inicios da banda cando se dá a achega humorística de Stuart para a creación do termo Beatles (os que fan música beat), xunto con Lennon, aproveitando o xogo de palabras que resultaba de "Beetles" (Escarabellos), parecido ao nome do grupo de Buddy Holly "Crickets" (Grilos). Xorde así na súa etapa inicial o grupo "Long John and the Silver Beatles", que posteriormente sería soamente "The Silver Beatles" e finalmente o nome co que pasarían á historia, The Beatles.

Logo de tocar unha noite no Litherland Town Hall, no norte de Liverpool, os "Silver Beatles" foron sorprendidos mentres saían coa súa camioneta. Na pelexa, Stu resultou golpeado e pateado na cabeza. Esa lesión repercutirá en Stuart máis tarde. En 1961 o grupo realizara a súa segunda xira por Hamburgo, Alemaña, e ao final a banda regresa a Liverpool, menos Stuart, quen decide quedar máis tempo para desenvolver máis a súa inclinación pola pintura. Nesa época, Stu comezara unha relación sentimental coa fotógrafa alemá Astrid Kirchherr (inspiradora do famoso peiteado "Mop Top") que tamén era moi boa amiga do grupo. En xullo, decidiu deixar a banda.

Morte editar

O 10 de abril do ano seguinte, 1962, morreu a consecuencia dunha hemorraxia cerebral, contando apenas con 21 anos. Xusto na véspera da terceira xira do grupo por esa cidade e días despois do lanzamento do primeiro sinxelo de The Beatles "Love Me Do".

Notas editar

  1. McGinty, Stephen (12 agosto do 2011). "Stephen McGinty: Scotland meant a lot more to the Beatles than just Mull of Kintyre". The Scotsman (en inglés) (Edimburgo). Consultado o 21 de novembro do 2015. 
  2. Stuart Sutcliffe Estate (ed.). "Stuart" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2011. Consultado o 21 de novembro do 2015. 

Ligazóns externas editar