A música skiffle é un tipo de música folk influenciada por xéneros como o jazz e o blues. Utilizan instrumentos como guitarra acústica e banjo, aínda que utilizan tamén instrumentos improvisados ou caseros como peites, un kazoo, un folio, unha táboa de lavar, papeles etc. O skiffle e os jug bands están estreitamente relacionados.

Skiffle
Orixe musicalFolk, Jazz, Blues
Orixe culturalA principios de 1900, a súa base atópase principalmente no jazz dos anos 40-50
Instrumentos típicosUtilízanse instrumentos improvisados tales como: peites, kazoo, folio, táboa de lavar, papel etc. Ademais da guitarra acústica e o banjo
Subxéneros
Denomínaselle predecesor do Rock and roll

Historia editar

O skiffle empezou a facerse popular nos Estados Unidos a principios do século XX, comezando por Nova Orleáns. O dicionario inglés Oxford, sinala ao termo rent party (festas nas cales contratábase un grupo e logo pasábase un chapeu para que os asistentes axudasen a pagar o grupo a quen montaran a festa) como sinónimo de skiffle.

Ao principio, as bandas de skiffle eran chamadas spasm bands. Nos anos '20 e '30 tocábase un tipo de skiffle en Memphis e Louisville. As bases do skiffle sitúanse nos grupos de jazz dos '40 e '50.

A primeira vez que se usou o nome en gravacións, foi en 1925 por Jimmy O'Bryant and his Chicago Skifflers. En 1948 Dan Burley and His Skiffle Boys, banda liderada polo pianista e xornalista Burley, levou a Nova Orleáns ao baixista Pops Foster e aos guitarristas Brownie e Sticks McGhee.

O skiffle fíxose extremadamente popular no Reino Unido a finais dos '50. Lonnie Donegan deuse a coñecer internacionalmente coa canción "Rock Island Line" . Outros grupos coñecidos do Reino Unido son The Gin Mill Skiffle Group e The Quarrymen,[1] os que máis tarde se converterían en The Beatles, quen usaban un contrabaixo skiffle, que nada máis que era unha vara dunha vasoira prendido a unha caixa de té. (tea chest bass)[2].

Mick Jagger foi membro de The Barber-Coyler Skyffle Band, pero asegura que realmente non lle gusta o skiffle. A popularidade da sinxela música skiffle abriu os ollos aos mozos británicos que se deron conta de que podían tocar música e ter éxitos de vendas. O resultado, anos máis tarde, foi a explosión musical chamada a Invasión Británica.

Notas editar

  1. J. Roberts, The Beatles (Lerner Publications, 2001), p. 13.
  2. Cosac Naify Edições, ed. (2001). The Beatles - Antologia. p. 20. 8575030701, 9788575030707.