Abrir o menú principal

Guilhermina Suggia

violonchelista portuguesa

Guilhermina Augusta Xavier de Medin Suggia, nada en Porto o 27 de xuño de 1885 e finada na mesma cidade o 30 de xuño de 1950, foi unha violoncellista portuguesa.

Guilhermina Suggia
Guilhermina Suggia.jpg
Nacemento27 de xuño de 1885 e 21 de xuño de 1885
 Porto
Falecemento30 de xullo de 1950
 Porto
Causacancro
NacionalidadePortugal
Alma máterEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy
Ocupaciónmúsica
PremiosComendador da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada e Grande-Oficial da Ordem Militar de Cristo
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou en Leipzig con Julius Klengel. Dende 1907 ata 1913 viviu e traballou en París co seu colega violoncellista Pau Casals, con quen non estivo casada como ás veces se afirma (o seu marido foi José Casimiro Carteado Mena, co que non tivo descendencia). A partir de 1914 desenvolveu unha carreira espectacular, sobre todo en Londres e Portugal. Visitou frecuentemente o castelo de Lindisfarne, onde hoxe se exhibe o seu violoncello en lembranza das tempadas que pasou alí. Deu o seu derradeiro concerto na Gran Bretaña no Festival de Edimburgo en 1949.

RetratoEditar

Probablemente a imaxe máis famosa da Guilhermina Suggia é o retrato ao óleo realizado polo artista galés Augustus John. Este retrato foi comezado en 1920 e non se rematou ata 1923. Aparentemente Suggia está executando unha Suites para violoncello só de Johann Sebastian Bach. O retrato foi exhibido no instituto Carnegie de Pittsburg en 1924, sendo mercado por un estadounidense, pero logo foi regresado a Inglaterra e presentado na Tate Gallery. As medidas do retrato son 186x185 cm.

RecoñecementoEditar

A sala de concertos da Casa da Música do Porto leva o seu nome.[1]

NotasEditar

  1. Costa, Xoán. "A muller que colocaba o instrumento entre as pernas, por Xoán Costa". Sermos Galiza. Consultado o 5 de xullo de 2019.