Festival de Edimburgo
O Festival de Edimburgo é un termo co que se agrupan distintos festivais de actividades culturais que teñen lugar todos os meses de agosto na cidade de Edimburgo, a capital de Escocia.
Festival de Edimburgo | |
---|---|
Tipo | evento cultural, evento anual, festival e festival de música |
En | Cidade de Edimburgo |
País | Reino Unido |
55°57′12″N 3°11′21″O / 55.9533, -3.1892 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarEn 1947 ten lugar a primeira edición do Festival Internacional de Edimburgo, centrado no teatro. Paralelamente, oito compañías dramáticas promoveron, no marco dese mesmo festival, un ciclo paralelo, que co tempo evoluiría ata converterse no The Fringe, o festival alternativo (en inglés, marxinal). Tamén nese primeiro ano se botou a andar o Festival Internacional de Cine de Edimburgo.
Co tempo, serían moitas outras actividades as que se virían sumar ao Festival de Edimburgo, convertendo a cidade na capital cultural non oficial de Europa no mes de agosto, se ben as súas datas de comezo e fin non sempre coinciden co festival orixinal de teatro.
Lista de festivais
editar- Festival Internacional de Edimburgo (1947). O orixinal e máis oficial, que inclúe unha selección restrinxida de ópera, danza, música e teatro, maiormente de carácter clásico, e con prestixio internacional.
- The Fringe (1947). O festival alternativo, basicamente de teatro e danza, que superou en dimensión e espazos de representación a calquera outro da cidade.
- Festival Internacional de Cinema de Edimburgo (1947).
- Desfile Militar de Edimburgo (1950).
- Festival de Jazz e Blues de Edimburgo (1978).
- Festival Internacional do Libro de Edimburgo (1983).
- Festival de Arte de Edimburgo (2004).
Ademais, unha serie de certames e mostras celebradas en agosto en Edimburgo aparecen vencelladas ao Festival, pero non son recoñecidos como tal oficialmente. Son:
- Festival Internacional de Televisión de Edimburgo (1976). Encontro de produtores e técnicos, de carácter privado.
- Mela (1995). Certame de celebración das culturas migrantes asiáticas.
- Festival Internacional de Internet de Edimburgo (1999). Creacións artísticas relacionadas coas tecnoloxías electrónicas.
- Festival do Pobo de Edimburgo (2002). Pequena mostra de eventos diversos
- Festival Interactivo de Edimburgo (2003). Videoxogos.
- Anual de Edimburgo (2004). Arte contemporánea.
- Festival de Política de Edimburgo (2005). Conferencias sobre temas de actualidade.
- Festival da Espiritualidade e a Paz (2005). Encontros de distintas relixións.
- iFest (2007). Encontro de profesionais e afeccionados á comunicación.
- Festival de Edimburgo de Bailes de Salón (2007).
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Festival de Edimburgo |