Pomponio Mela
(Redirección desde «Mela»)
Pomponio Mela, nado en Alxeciras c. 15 e finado en Roma c. 45[1], foi un xeógrafo hispano que viviu no século I despois de Cristo.
Pomponio Mela | |
---|---|
Nacemento | c. 15 |
Lugar de nacemento | Alxeciras |
Falecemento | século I |
Lugar de falecemento | Roma |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | xeógrafo, escritor e historiador |
Coñecido por | Chorography |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu en Tingentera (Alxeciras), e escribiu nas décadas trinta e corenta do século I. Fixo unha obra en tres libros na que describe as diversas terras que se coñecían, e que se titula Chorographia.
No que se refire a Hispania fai descricións de costas do Mediterráneo, das illas Baleares, da zona de Cádiz e da costa atlántica. A súa obra é importante por recoller máis dun cento de topónimos e etnónimos da Península Ibérica no século I. Posiblemente as informacións achegadas por militares, funcionarios romanos e visitantes constitúan as súas fontes, ademais de Cornelio Nepote, Salustio e Varrón.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Edición en latín de "De Chorographia"
- Cosmographia, sive De situ orbis / cum figuris necnon cum annotationibus Francisci Nunnis de la Yerva. Edición facsímile da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Reprodución dixital da edición de Salmanticae, [Typ. Nebrissensis: "Gramática" (Haeb. 470)], 1498.
- ↑ Tegg, Thomas (1824). "Eminent and Remarkable Persons". Chronology, or The historian's companion (en inglés). Londres. p. 284. Consultado o 17-11-2010.