Festival de Jazz e Blues de Edimburgo
O Festival de Jazz e Blues de Edimburgo é unha mostra con carácter de exhibición que ten lugar en Edimburgo entre os meses de xullo e agosto de cada ano. Creado en 1978, o festival intégrase oficialmente no conxunto que conforma o Festival de Edimburgo.
Abrangue unha programación xeralista, de todos os estilos do jazz e o blues, tanto de artistas de renome internacional como de jazz escocés. O seu director xeral actual é Brian Fallon.
Edicións editar
- 2007. A 29ª edición celebrouse do 27 de xullo ao 5 de agosto. Entre as súas actuacións destacadas contouse a de Chris Barber, Big Al Carson, Pierrick Pedron's Quartet, Benny Golson, Dr Lonnie Smith ou Barbara Morrison.