Chancelaría do Reich

A Chancelaría do Reich (en alemán: Reichskanzlei) era o nome tradicional da oficina do chanceler de Alemaña (Reichskanzler) dende 1871 até 1945. Hoxe, a oficina adóitase chamar Kanzleramt (Oficina do Chanceler), ou máis formalmente Bundeskanzleramt (Oficina Federal do Chanceler).

Chancelaría do Reich.

O termo Reichskanzlei tamén se refire a varios edificios que albergaban os niveis superiores do goberno de Alemaña.

Historia editar

Antiga Chancelaría do Reich editar

 
Anexo da Antiga Chancelaría do Reich, 1939.

Cando se produciu a alianza militar da Confederación Alemá do Norte, esta reorganizouse como un Estado federal a partir do 1 de xullo de 1867, creándose a oficina dun Chanceler Federal (Bundeskanzler). A súa sede fixouse na capital prusiana, Berlín, e co persoal do Primeiro Ministro prusiano Otto von Bismarck Despois da unificación de Alemaña, o 18 de xaneiro de 1871, pola adhesión dos Estados do sur de Alemaña, Bismarck foi o Chanceler do Reich do novo Imperio Alemán.

En 1869, o goberno do Estado de Prusia adquirira o palacio na cidade antiga do Príncipe Antoni Radziwiłł na rúa Wilhelmstraße n.º 77 (Palais Schulenburg), que dende 1875 foi reconstruído como o edificio oficial da Chancwlería e inaugurouse coas reunións do Congreso de Berlín en xullo de 1878. A Wilhelmstraße, próxima á Porta de Brandeburgo, converteuse no eixo de todos os edificios do goberno alemán e en sinónimo do poder político, termo que se seguiu usando durante a Alemaña nazi. O palacio orixinal ampliouse significativamente pola construción dun anexo moderno rematado en 1930. Cando en 1935 os arquitectos Paul Troost e Leonhard Gall redeseñaron o interior como o domicilio de Adolf Hitler, agregouse un invernadoiro no xardín cun soto a proba de bombas, que a partir de 1936 foi ampliado continuamente e comunicado co búnker da Nova Chancelaría, coñecido como o Führerbunker.

Nova Chancelaría do Reich editar

 
Nova Chancelaría do Reich, 1939.

En 1938, Hitler encargou ó seu arquitecto favorito Albert Speer a construción do Palacio da Nova Chancelería do Reich, solicitando que o edificio se completase nun ano. O Palacio debía ocupar unha quinteiro completo, cun gran parque interior, integrar a Vella Chancelaría, o Palacio Borsig do século XIX, situado na esquina, e contar cun cuartel para a Primeira División das Waffen-SS que constituía a garda de corps de Hitler. Aínda que en Berlín levantábase o antigo Palacio Real de Berlín (Humboldt Forum), os presidentes da República de Weimar e Hitler non o utilizaron pola súa asociación coa monarquía. O réxime nazi requiría de fortalecer a Wilhelmstrasse como símbolo político e por iso decidiuse construír a Nova Chancelaría nese lugar.

No subsolo da Chancelaría construíuse o Führerbunker, onde Hitler cometeu suicidio ó final da segunda guerra mundial en 1945. A Nova Chancelaría do Reich tiña a dirección n.º 6 de Vossstraße e foi construída sobre unha serie de antigos edificios, como varias embaixadas en Prusia dos desaparecidos Estados alemáns, como Baden, Saxonia e Baviera.