Lockheed P-38 Lightning

O Lockheed P-38 Lightning é un caza monopraza con motores de pistón usado durante a segunda guerra mundial. Desenvolvido para o Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos, o P-38 tiña un característico deseño de fuselaxe dobre cunha góndola central onde ía a cabina e o armamento. A propaganda aliada afirmaba que a Luftwaffe alcumárao o "diaño da cola de forca" (alemán: der Gabelschwanz-Teufel) e os xaponeses "dous avións, un piloto".[1] Xunto co seu uso como caza, o P-38 utilizouse en varios roles de combate, como o de cazabombardeiro cun alto grao de efectividade,[2] caza nocturno,[2] e como caza de escolta de longo alcance equipado con depósitos lanzables.[3] O P-38 tamén foi usado como indicador de curso de bombardeos, guiando a grupos de bombardeiros medios e pesados. ou incluso a outors P-38 equipados con bombas, aos obxectivos.[4][5] Usado no rol de recoñecemento aéreo, o P-38 engargouse do 90% da filmación aérea capturada sobre Europa.[6][2]

Lockheed P-38 Lightning
Lockheed P-38H Lightning - 1.jpg
Tipocaza, cazabombardeiro e recoñecemento
FabricanteLockheed Corporation
Deseñado porClarence "Kelly" Johnson
Primeiro voo27 de xaneiro de 1939
Introducidoxullo de 1941
Produción1941 - 1945
Unidades construídas10 037

O P-38 usouse con máis éxito no teatro de operacións do Pacífico e no teatro da China-Burma-India, como o avión dos principais ases estadounidense: Richard Bong (40 vitorias), Thomas McGuire (38 vitorias) e Charles H. MacDonald (27 vitorias). No teatro do Pacífico suroeste o P-38 foi o principal caza de longo alcance do Corpo Aéreo do Exército estadounidense ata a intrudución de grandes cantidades de P-51D Mustang cara o final da guerra.[7][8]

O escape do motor do P-38 estaba amortuguado por turbocompresores, algo pouco habitual para un caza da súa época, facendo as operacións do aviión relativamente silenciosas.[9][10] Os dous turbocompresores tamén lle proporcionaban ao P-38 un bo rendemento a gran altitude, converténdoo nun dos primeiro cazas aliados en operar a esas alturas.[11] O P-38 foi o único caza estadounidense fabricado a gran escala durante todo o tempo no que Estados Unidos estivo na guerra, dende Pearl Harbor ata a vitoria sobre o Xapón.[12] Ao final da guerra os pedidos por 1 887 máis foron cancelados.[13]

NotasEditar

  1. Boyne 1993, p. 148
  2. 2,0 2,1 2,2 Roblin, Sebastien (2018-11-22). "Hitler Hated This: Why Nazi Germany Feared the P-38 Lightning". The National Interest (en inglés). Consultado o 2020-12-07. 
  3. Johnsen, Frederick A. (2003). Weapons of the Eighth Air Force. St. Paul, MN: MBI. ISBN 978-0-7603-1340-4. OCLC 51454569. 
  4. Petrescu, Relly Victoria. (2013). Aviation history. [Place of publication not identified]: Books On Demand. ISBN 978-3-8482-6639-5. OCLC 829926476. 
  5. "P-38 Lightning". web.archive.org. 2009-07-27. Consultado o 2020-12-07. 
  6. "The P-38: When Lightning Strikes". Lockheed Martin. Consultado o 2020-12-07. 
  7. Stanaway 1997
  8. "P-38 Lightning PTO Aces of World War Two". acepilots.com. Consultado o 2020-12-07. 
  9. Badrocke, Michael. (1998). Lockheed aircraft cutaways : the history of Lockheed Martin. London: Osprey Aviation. ISBN 1-85532-775-9. OCLC 39693470. 
  10. Skaarup, Harold A. California warplanes. Bloomington, IN. ISBN 978-1-4759-0144-3. OCLC 786129931. 
  11. Eaker, Ira. Pilot Training Manual for the P-38 Lightning. U.S. Army Air Forces. ISBN 978-0-359-08811-9. 
  12. Bodie 2001, p. xvi
  13. Berliner 2011, p. 14

BibliografíaEditar

  • Berliner, Don. Surviving Fighter Aircraft of World War Two: Fighters. London: Pen & Sword Aviation, 2011. ISBN 978-1-84884-265-6.
  • Bodie, Warren M. The Lockheed P-38 Lightning: The Definitive Story of Lockheed's P-38 Fighter. Hayesville, North Carolina: Widewing Publications, 2001, 1991. ISBN 0-9629359-5-6.
  • Boyne, Walter J. Silver wings: A History of the United States Air Force. New York: Simon & Schuster, 1993. ISBN 0-671-78537-0.
  • Stanaway, John C. P-38 Lightning Aces of the Pacific and CBI. New York: Osprey, 1997. ISBN 1-85532-633-7.