CosmoCaixa Barcelona
CosmoCaixa Barcelona é un museo de ciencias pertencente á Obra Social de "la Caixa" que se atopa en Barcelona. Foi inaugurado no ano 2004 trala expansión do seu predecesor, o Museo de Ciencias de Barcelona, inaugurado en 1981.
CosmoCaixa Barcelona | |
---|---|
Vista do centro | |
Coordenadas | 41°24′47″N 2°07′52″L / 41.413055555556, 2.1311111111111 |
País | España |
Cidade | Sant Gervasi-la Bonanova |
Tipo | Centro de divulgación |
Administrador | Fundación "La Caixa" |
Construción | 1904-1909 (edificio original) 1979-1980 (reforma como Museo de Ciencias de Barcelona) 1999-2004 (reforma centro) |
Superficie | 30 000 m² |
Visitantes | 830 282 (2011) |
Na rede | |
http://www.cosmocaixa.com | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
La Caixa era propietaria doutro museo homólogo en Alcobendas (Madrid), chamado CosmoCaixa Madrid. Este museo pechou as súas portas o 31 de decembro de 2013.
En 2006, o Foro Europeo de Museos outorgoulle o Premio do museo europeo do ano, galardón que recoñece cada ano ós novos museos que realizaron achegas e innovacións no eido museístico. O museo galardoado é sede durante un ano da estatua de Henry Moore The Egg, que simboliza o premio. Xunto co Museo Guggenheim de Bilbao (2000), o Museo Arqueolóxico Provincial de Alacant (2004) e o Museo de Medina Azahara (2012), son os catro únicos museos de España que recibiron o premio.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: CosmoCaixa Barcelona |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
editar