Camp Municipal Narcís Sala

(Redirección desde «Estadi Narcís Sala»)

Coordenadas: 41°25′44″N 2°11′35″L / 41.428836, 2.193047

O Camp Municipal Narcís Sala é un estadio de fútbol do barrio de Sant Andreu, en Barcelona, no que disputa os seus partidos como local a Unió Esportiva Sant Andreu. Ten unha capacidade de 7.000 espectadores[1] e o terreo de xogo é de céspede artificial.

Camp Municipal Narcís Sala
Datos
LocalizaciónSanta Coloma, 39, 08030;
Barcelona, Cataluña Cataluña
España
Construción
Inauguración1956
Estadio
SuperficieCéspede artificial
Dimensións102 x 64
Capacidade7.000[1]
PropietarioUE Sant Andreu
LocalíaUE Sant Andreu

Precedentes editar

É o campo da UE Sant Andreu desde o ano 1970 antes dese ano o equipo dispuxera dos seguintes estadios:

  • Camp del Carrer Santa Coloma (1914-1969), situado nos mesmos terreos do actual Narcís Sala.
  • Camp de les Medicines (1912-1925), situado preto da actual rúa Concepción Arenal.
  • Can Tisó (1909-1914), situado cerca do barrio da Trinitat Vella.

Historia editar

O estadio inaugurouse o 19 de marzo de 1970 e o primeiro partido perdeuno o UE Sant Andreu contra o FC Barcelona por 0-1. A iluminación artificial neste campo inauguróuse o 13 de abril de 1972 e desde o verán de 2005 o terreo de xogo é de herba artificial.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ficha do estadio no sitio oficial do club". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar