Sant Andreu
Sant Andreu é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña. É o terceiro máis extenso cunha superficie de 653 hectáreas e cunha poboación de 142.598 eb 2005.

CaracterísticasEditar
Foi un dos concellos independentes da chaira de Barcelona, o núcleo principal foi Sant Andreu de Palomar, que daba nome ó concello. Ademais dos barrios de Sant Andreu, tamén pertenceron ó antigo concello varios barrios do actual distrito de Nou Barris.
Está situado ó norte da cidade, limitado polo río Besòs, que fai de fronteira entre Barcelona e os concellos de Sant Adrià de Besòs e Santa Coloma de Gramenet. Tamén limita cos distritos de Nou Barris, Horta-Guinardó e Sant Martí.
A configuración deste distrito data de 1984, cando a cidade de Barcelona aprobou a división terriorial actual en 10 distritos. Logo desta división, o distrito recuperou os barrios de Trinitat Vella e el Congrés.
BarriosEditar
O distrito de Sant Andreu está formado por sete barrios, de orixe diversa:
- Sant Andreu de Palomar
- La Sagrera
- Trinitat Vella
- Baró de Viver
- Navas
- El Congrés i els Indians
- Bon Pastor
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |