O Hotel Arts é un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Barcelona, en España. Foi construído entre 1988 e 1992 na entrada do Port Olímpic con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992, e preside aquela zona da cidade xunto coa veciña Torre Mapfre, que ten a mesma altura.

Hotel Arts
O Hotel Arts.
Edificio
LocalizaciónCataluña Cataluña Barcelona
Coordenadas41°23′12″N 2°11′46″L / 41.386666666667, 2.1961111111111Coordenadas: 41°23′12″N 2°11′46″L / 41.386666666667, 2.1961111111111
PropietarioDeutsche Bank [1]
Uso(s)Mixto
Construción
Inicio1988
Remate1992
Dimensións
Altura da azotea154
Plantas44
Equipo
Arquitecto(s)Bruce Graham
editar datos en Wikidata ]

Ambos rañaceos son, con 154 metros de altura, os máis altos de Barcelona e de Cataluña. O conxunto formado polas dúas torres complétase coa monumental escultura Peix d'or (Peixe de ouro) de Frank Gehry.

Características editar

É unha torre de vidro de cores verdes e grises, de 44 plantas, rodeada dunha estrutura de ferro de cor branca, que foi deseñada polo arquitecto Bruce Graham, propiedade de Deutsche Bank[1] e sede dun luxoso hotel de cinco estrelas da cadea Ritz-Carlton, que abriu as súas portas en 1994. Integra tamén 27 apartamentos de luxo, todos dúplex, dunha, dúas ou tres habitacións, con cociña e comedor, que ocupan as nove últimas plantas. Algún dos apartamentos tamén teñen terraza.

No último piso hai un restaurante que leva o cociñeiro Sergi Arola, antigo alumno de Ferran Adrià. No punto máis alto da torre hai instalada unha cámara de TV3.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 El País, ed. (02/12/2001). "El Deutsche Bank compra el hotel Arts de Barcelona por 288 millones de euros" (en castelá). Consultado o 10/07/2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar