Parque de Cervantes

Coordenadas: 41°23′04″N 2°06′21″L / 41.384392, 2.105749

O parque de Cervantes (en catalán: Parc de Cervantes) atópase no barrio de Pedralbes, pertencente ó distrito de Les Corts, en Barcelona. Atópase entre a avenida Diagonal e a avenida de Esplugues (nun tramo que se corresponde coa Ronda de Dalt), xusto no límite co termo municipal de Esplugues de Llobregat.

Roseiras no parque.

Inaugurado en 1965, está especializado en roseiras. Ten unha extensión de 87 665 m².[1]

Localización editar

Parque de Cervantes, Av. Diagonal 708-716, Pedralbes, distrito de Les Corts, Barcelona, 08038 Cataluña. A entrada é de balde todos os días da semana ó longo de todo o ano.

Historia e descrición editar

O parque está situado na zona onde antes se atopaba o torrente Estela, que transportaba a auga que descendía desde o cumio de Sant Pere Màrtir.

Foi deseñado por Lluís Riudor i Carol, director entón do Servizo Municipal de Parques e Xardíns de Barcelona. Inaugurado en 1965, destaca pola gran variedade de roseiras, planta á que está dedicado este parque de xeito especial, cun conxunto dunhas 11 000 roseiras dunhas 245 variedades distintas.

Pola climatoloxía mediterránea de Barcelona estas roseiras están en floración practicamente dende abril até novembro, aínda que entre maio e xuño alcanzan o cénit na súa floración, que outorga a este parque dunha singular beleza.

Cada ano celébrase neste parque un concurso de rosas novas, que son bautizadas con diversos nomes polos seus creadores.

Ademais das roseiras, no parque hai varias zonas de céspede e pequenas arboredas, así como unha zona de xogos infantís, mesas de tenis de mesa e zona de picnic. Tamén hai varias pérgolas que xeran zonas de sombra.[2]

Notas editar

  1. "Guía de La Vanguardia BCN 92. De los Edificios Trade a la Vil·la Amèlia". La Vanguardia. 
  2. "Parc de Cervantes". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar