Ronda de Dalt

autovía de circunvalación da cidade de Barcelona

A Ronda de Dalt (Rolda de Arriba en catalán), identificada tamén como B-20, é unha autovía de circunvalación da cidade de Barcelona que transcorre entre Nus de la Trinitat e o Nus del Llobregat, percorrendo o norte da cidade condal. Xunto coa Ronda del Litoral (B-10) forma o cinto viario de alta capacidade da cidade de Barcelona. Entre as saídas 19 e 24 pertence á autoestrada C-32.


Ronda de Dalt
A Ronda de Dalt á altura de La Vall d'Hebron.
TipoloxíaAutovía urbana
RedeRede de estradas do Estado
Dimensións
Lonxitude26 km
FormatoTres carrís en cada sentido
Localización
InicioNus de la Trinitat
FinNus del Llobregat

Saídas editar

As saídas do anel viario que forman a Ronda de Dalt e a Ronda Litoral están numeradas comezando polo número 1 no Nus de la Trinitat, seguen a Ronda de Dalt sentido Llobregat e comezan co número 16 na Ronda Litoral.

  1. Trinitat: C-17 Puigcerdà, N-150 Sabadell, Sant Andreu, Av. Meridiana
  2. Roquetes: Verdum, Via Júlia
  3. Guineueta: Canyelles, Passeig de Valldaura
  4. Horta: Túnel de la Rovira, Recinte Mundet
  5. Vall d'Hebron: Montbau, Ctra. de l'Arrabassada, Av. Vallcarca, Ciutat Sanitària
  6. Vallcarca: Balmes, Pg. St. Gervasi
  7. Sant Gervasi: Bonanova, Via Augusta
  8. Túnels de Vallvidrera: Sant Cugat, C-16 Manresa
  9. Sarrià: Can Caralleu
  10. Pedralbes: Estrada d'Esplugues, Av. Pearson, Sant Joan de Déu, UPC Nord UB
  11. Avinguda Diagonal: Les Corts, Zona Universitària, UPC, UB
  12. Esplugues de Llobregat: Sant Just Desvern, Pubilla Cases, Estrada de Collblanc, Can Clota
  13. Av Electricitat: La Plana, Can Vidalet, Can Serra
  14. Cornellà: L'Hospitalet, Av. Josep Tarradellas, St. Ildefons
  15. L'Hospitalet: Cornellà, Avda. Carrilet, Zones Industrials, Centre Comercial
  16. A: Tarragona, Lleida, Girona/B: Barcelona, Gran Via, Fira, Ronda Litoral

Véxase tamén editar