Puigcerdà

Coordenadas: 42°26′5″N 01°55′42″L / 42.43472, -1.92833

Puigcerdà é un concello español, capital da comarca catalá da Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Sitúase na ribeira do río Segre, a uns 1.200 m de altitude, e próxima á fronteira con Francia. Ten unha poboación de 8 910 habitantes (2011).

Puigcerdà
Bandera de Puigcerdà.svg
Escut de Puigcerdà.svg
Estany de puigcerdà.jpg
Estanque de Puigcerdà
Localización
Barcelona en Cataluña
Barcelona
Barcelona
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaXirona
ComarcaBaixa Cerdanya
Xeografía
Altitude1 202 msnm
Superficie18,92 km²
Demografía
Poboación8 910 hab. (2011)
Densidade470,93 hab/km²
XentilicioPuigcerdanenc, puigcerdanenca
Outros datos
Código postal17520
AlcaldeAlbert Piñeira Brosel (CiU)
Páxina oficial

HistoriaEditar

A vila foi fundada o ano 1178 polo rei Afonso II de Aragón, Conde de Barcelona, que mandou construír unha cidade sobre unha montaña denominada Cerdà; adquiriu os terreos ao mosteiro de San Miguel de Cuixá, traspasando a capital da Cerdanya desde Hix,unha localidade actualmente francesa. Por un documento do ano 1342 sábese que a muralla que rodeaba a cidade tiña oito portas. Nos anos 1281 e 1309 sufriu uns grandes incendios que causaron grandes danos á cidade, e en 1428 tivo lugar un gran terremoto que destruíu novamente parte da cidade. Ten un gran estanque artificial cuxa concesión para construílo deu o rei Sancho I de Mallorca no ano 1310, e cuxo fin era para o regadío das terras do seu termo.

Lugares de intereseEditar

 
Torre do Campanario
  • Estanque de Puigcerdà
  • Torre do Campanario, do século XII. Restos dunha parroquia que foi destruída en 1936.
  • Fábrica de Casa Tarradellas

ComunicaciónsEditar

Na poboación finaliza a estrada nacional N-152, de Ripoll a Puigcerdà (continuación da C-17).

Liña C3 de proximidade: Barcelona > Vic/Ripoll/Puigcerdà

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar