Baixa Cerdanya
A Baixa Cerdanya é unha comarca da provincia de Xirona, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é Puigcerdà. En 2009 tiña 18.656 habitantes. A comarca limita co Principado de Andorra polo norte, coa Alta Cerdanya (Francia) polo nordeste, co Ripollès e o Berguedà polo sur e co Alt Urgell polo oeste.


É un dos fragmentos nos que quedou dividido o territorio histórico da Cerdanya como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659). Oficialmente chámase simplemente Cerdanya, pero utilízase o nome de Baixa Cerdanya en contraposición á Alta Cerdanya.
Concellos editar
Actualmente a comarca está formada por 17 concellos.
Concello | Poboación (hab.) |
---|---|
Alp | 1.576 |
Bellver de Cerdanya | 2.014 |
Bolvir | 329 |
Das | 193 |
Fontanals de Cerdanya | 446 |
Ger | 444 |
Guils de Cerdanya | 452 |
Isòvol | 278 |
Lles de Cerdanya | 220 |
Llívia | 1.388 |
Meranges | 87 |
Montellà i Martinet | 597 |
Prats i Sansor | 213 |
Prullans | 246 |
Puigcerdà | 8.949 |
Riu de Cerdanya | 112 |
Urús | 200 |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baixa Cerdanya |