Llívia
Llívia é un concello e exclave catalán de España en territorio francés que pertence administrativamente á comarca da Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Está situado a 153 quilómetros ao norte de Xirona e rodeado na súa totalidade por territorio francés.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Ámbito funcional territorial | Alt Pirineu i Aran | ||||
Comarca | Baixa Cerdanya | ||||
Exclave de | Cataluña e España | ||||
Enclave en | Pireneos Orientais, Francia e Cataluña do Norte | ||||
Capital de | |||||
Capital | Llivia (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.506 (2023) (116,74 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 72 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 12,9 km² | ||||
Bañado por | Río Segre | ||||
Altitude | 1.224 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Albert Cruïlles (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 17527 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 17094 | ||||
Código territorial IDESCAT | 170947 | ||||
Sitio web | llivia.org | ||||
Historia
editarA singularidade do enclave de Llívia provén do estipulado no Tratado dos Pireneos de 1659, polo cal España lle cedeu a Francia as 33 poboacións das comarcas de Vallespir, Capcir, Conflent e a Alta Cerdaña, que hoxe en día forman, xuntamente co Rosellón, o departamento francés dos Pireneos Orientais.
Llívia quedou fóra deste tratado por tratarse dunha vila, privilexio concedido por Carlos I de España, polo que continuou baixo dominio do rei de España. O 11 de febreiro de 1939, a finais da guerra civil española, as autoridades do bando nacional pedíronlles ás autoridades francesas permiso para ocupar Llívia.
Xeografía
editarLocalidade | Poboación (2007) |
---|---|
Cereja | 26 |
Gorguja | 23 |
diseminados | 22 |
Llívia | 1.317 |
Total | 1.388 |
A vila de Llívia (1.223 m) atópase nos Pireneos, no val da Cerdaña. Está situada ao pé do Turó del Castell, estendéndose polo chairo de Fontanelles. Llívia pertence á xurisdición de Puigcerdà.
Está limitada polos termos de Bourg-Madame e de Sainte-Léocadie, ao sur; de Ur e de Angoustrine-Villeneuve-des-Escaldes, a poñente; de Targassonne, por tramuntana; e de Estavar e de Saillagouse, a levante. O río Segre cruza o termo municipal, entrando por Estavar. Ao seu paso por Llívia, recibe as contribucións fluviais dos ríos Er, Targasona e Éguet. Cara ao nordés e detrás da crista do Puig do Castell, pode accederse ás tranquilas paraxes da font del Sofre, máis próxima e situada á pequena val de Estaüja, e da font del Ferro, na confluencia do torrente do Tudó coa riera de les Valls ou de Targasona.
No seu territorio destacan o Puig de Llívia (1.357,5 m), tamén chamado Turó del Castell, o Serrat de Baladret (1.428 m) e o Pla del Tudó (1.403 m), ademais da Roca Canal e o Serrat de Palmanill, formando unha pequena serra prolongada en dirección ao caos de Targasona e de Angostrina, e sobresaíndo da fértil chaira que rodea a vila.
Demografía
editarA súa poboación en 2008 era de 1.517 habitantes, repartidos nun territorio de 12,83 km².
Ano | Poboación |
---|---|
1900 | 941 |
1930 | 743 |
1950 | 755 |
1970 | 856 |
2007 | 1388 |
Principais actividades
editar- Festcat. Escola da festa. Celebrábase a segunda semana completa do mes de xullo, con cursos, talleres, espectáculos e actividades abertas a toda a poboación da comarca, nas que participaban destacados artistas e tertulianos. Realizouse desde 1996 ata 2012, ano no que se celebrou a derradeira edición debido á baixa participación.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llívia |