Plaça de la Vila de Gràcia

Coordenadas: 41°24′00″N 2°09′28″L / 41.40011, 2.15765

A Plaça de la Vila de Gràcia (ata 2009, plaça de Rius i Taulet, e coñecida polos veciños como Plaça d'Orient[1]) é o centro administrativo da antiga vila de Gràcia, hoxe distrito da cidade de Barcelona.

Torre do reloxo, no centro da praza.

Características editar

O campanario de 33 metros que domina a praza é o seu elemento máis destacado. Foi construído por Antoni Rovira i Trias entre 1862 e 1864. Trátase dunha torre octogonal cun reloxo de esferas de catro lados. Enriba atópase a mítica "Campana de Gràcia", coñecida como la Marieta.

No lado mar da praza está o edificio da sede do distrito, construído por Francesc Berenguer i Mestres. Restaurado recentemente, na fachada destacan dúas farolas de estilo mariñeiro e o escudo da vila forxado en ferro (tres lirios brancos sobre campo azul).

A praza tivo catro nomes oficiais: Orient, Constitució, Rius i Taulet e o actual. Tamén ten tres nomes populares: "del Campanar", "de la Vila" e "d'Orient". Tamén é coñecida como "la plaça del rellotge".

Notas editar

Véxase tamén editar