Casa Vicens
A Casa Vicens é unha vivenda unifamiliar deseñada polo arquitecto Antoni Gaudí e construída por Manuel Vicens entre os anos 1883 e 1888. Foi o primeiro deseño de Gaudí, considerado tamén a súa primeira realización arquitectónica, e está situada na Carrer de les Carolines, 18-24, no Barrio de Gràcia da Barcelona.
Casa Vicens | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | casa museo ![]() | |||
Parte de | obras de Antoni Gaudí e lista de edificios modernistas de Barcelona ![]() | |||
Estilo | arquitectura neoárabe, modernismo catalán e arquitectura Art Nouveau ![]() | |||
Material usado | ladrillo e cerámica vidrada ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distrito | Gràcia | |||
Barrio administrativo | Vila de Gràcia ![]() | |||
Enderezo | Carrer de les Carolines, 18-24 ![]() | |||
Acontecementos | ||||
1883 – 1885 | construción, Arquitecto: Antoni Gaudí | |||
1925 | ampliación, Arquitecto: Joan Baptista Serra (en) ![]() ![]() | |||
Dimensións | ||||
Pisos | 5 ![]() | |||
Superficie | 1.200 m², 0,12 ha e 4,23 ha ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto | Antoni Gaudí ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2005 (29ª Sesión) | |||
Identificador | 320-004 | |||
| ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Data | 24 de xullo de 1969 | |||
Codi BCIN | 52-MH-EN ![]() | |||
Codi BIC | RI-51-0003823 ![]() | |||
Id. IPAC | 56 ![]() | |||
Id. Barcelona | 2545 ![]() | |||
| ||||
Ben de interese cultural | ||||
Identificador | RI-51-0003823 | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | casavicens.org… ![]() | |||
[ Wikidata ] |

No tempo da súa construción a Casa tiña un amplo xardín, unha fonte e unha glorieta, pero agora debido ao ensanchamento da rúa atópase encaixoada por outras edificacións. Este temperán proxecto amosa moitas influencias, sendo a máis notabel a Mudéxar, moi evidente na parte alta da casa onde as torres lembran os miraretes dos templos musulmáns. A obra está construída de pedra espida, ladrillos vermellos, tellas coloreadas, e reixas e celosías de ferro forxado, nas que os motivos principais son as flores de palmito e xirasol. Ao ser un dos seus primeiros proxectos, aínda non aparecen nel as liñas curvas tan típicas e coñecidas da arquitectura gaudiniana, senón que a liña recta é predominante en todo o edificio. Os ladrillos e as tellas viñan da fábrica de cerámica da que era dono Manuel Vicens, empresario que tivo algunhas dificultades económicas durante a construción e por iso o remate se prolongou un pouco máis do acordado.
Esta primeira obra de Gaudí non só amosa a relación entre a natureza e a arquitectura, senón que, debido ao momento no que foi feita, supón unha referencia para os vindeiros arquitectos modernistas cataláns e unha gran contribución para o estilo internacional que máis tarde se coñecería como Art Nouveau.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
editar