Teogonía
A Teogonía (do grego Θεογονία : Theogonía, literalmente Nacemento dos deuses) é unha obra poética escrita por Hesíodo, que vén sendo como a Xénese da mitoloxía grega. Discútese se debe datarse no século -VII ou no -VIII.
Teogonía | |
---|---|
![]() | |
Tipo | obra literaria ![]() |
Xénero artístico | poesia narrativa (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Grego eólico (pt) ![]() ![]() ![]() |
Autoría | |
Autor/a | Hesíodo ![]() |
Temática | |
Tema principal | mitoloxía grega ![]() |
Ambientado en | Grecia ![]() |
Representa a | Hesíodo ![]() |
Datas | |
Data de creación | século VII a. C. ![]() |
Edicións | |
Edicións
| |
Identificadores | |
Open Library | OL602585W ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Contacto | |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] |

Contido
editarNela nárrase a orixe do cosmos e a liñaxe dos deuses da mitoloxía grega, ata entón propagada por medios orais. Escrita en primeira persoa, reflicte o afán de Hesíodo por «pensar» no mundo segundo categorías esenciais. É unha das obras claves da épica grecolatina.
A Teogonía serviu para fundamentar o posterior traballo de Hesíodo, Traballos e días, máis moralista e deseñado como unha guía práctica para a vida diaria, no cal explica a xustificación divina do traballo, dentro dun marco conceptual no cal o divino é entendido como o fundador da realidade, pero só na medida que a súa presenza e realidade se verifican cada día no acaecer do mundo.
Os relatos da Teogonía parecen escritos en resposta á excesiva humanización dos deuses da tradición homérica. A diferenza dos textos homéricos, a Teogonía está escrita para ser lida como Verdade, como unha revelación feita ao autor polas Musas do Monte Helicón; historia que forma a primeira parte do texto.
Comecemos o noso canto polas Musas Heliconíadas, que habitan a montaña grande e divina do Helicón, onde en torno á sombría fonte e ó altar do moi poderoso Cronión[1], cos seus delicados pés danzanTeogonía 2-5
En 2020 María Teresa Amado Rodríguez traduciu a obra por primeira volta ao galego para Rinoceronte Editora.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Hesíodo (2020). Teogonía. Traballos e días. Escudo. Cangas: Rinoceronte Editora. ISBN 978-84-17388-36-2.
- Hesíodo (2007). Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen. Buenos Aires: Losada. ISBN 978-950-03-9420-8.
- Hesíodo (1997). Obras y fragmentos: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Fragmentos. Certamen. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-3517-7.