Macmillan Publishers
Macmillan Publishers Ltd, tamén coñecida como The Macmillan Group, é unha editorial británica e unha das cinco grandes editoriais en inglés.
Macmillan Publishers | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | editorial e editorial académica ![]() | ||
Forma xurídica | sociedade limitada (pt) ![]() ![]() | ||
Personalidades | |||
Fundador/a | Daniel Macmillan (en) ![]() ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | edición ![]() | ||
Produtos
| |||
Entidades | |||
Matriz | Holtzbrinck Publishing Group (en) ![]() ![]() | ||
Membro de
| |||
Entidades subsidiarias
| |||
Data | |||
Fundación | 1843 ![]() | ||
Cronoloxía | |||
Wiley ![]() | |||
Localización | |||
País | Reino Unido ![]() | ||
Sede | Londres ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | us.macmillan.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Historia
editarSéculo XIX
editarFundada en Londres en 1843 polos irmáns Daniel e Alexander MacMillan, orixinarios da illa de Arran en Escocia, comezaron publicando obras de autores como Charles Kingsley, Thomas Hughes, Christina Rossetti, Matthew Arnold, Lewis Carroll, Alfred Tennyson, Thomas Hardy e Rudyard Kipling.[1][2] Axiña se tornaron líderes de vendas en Gran Bretaña. Outros escritores importantes publicados a finais do XIX e principios do XX por Macmillan incluíron a W. B. Yeats, Rabindranath Tagore, Nirad C. Chaudhuri, Seán O'Casey, Charles Morgan, Hugh Walpole, Margaret Mitchell, C. P. Snow, Rumer Godden, Ram Sharan Sharma e John Maynard Keynes.
Ademais da literatura, a compañía creou títulos como a revista Nature (1869), o Grove Dictionary of Music and Musicians (1877) e o Dicionario de economía política de Sir Robert Harry Inglis Palgrave (1894).
George Edward Brett abriu a primeira oficina de Macmillan nos Estados Unidos en 1869 (en Nova York) e Macmillan vendeu a súa oficina de operacións para a familia Brett en 1896, o que resultou na creación dunha empresa estadounidense tamén chamada Macmillan Company.
Século XX
editarAínda coa escisión da compañía estadounidense da súa empresa matriz en Inglaterra, George Brett, Jr. e o neto de Daniel Macmillan, Harold, seguían sendo amigos persoais íntimos. Macmillan Publishers volveu entrar no mercado estadounidense en 1954 baixo o nome de St. Martin's Press.
Macmillan do Canadá foi fundada en 1905; Maclean-Hunter adquiriu a compañía en 1973. Despois de numerosas fusións, Macmillan Canada disolveuse en 2002 despois de que John Wiley & Co. a adquirise.
O primeiro ministro do Reino Unido de 1957 a 1963, Harold Macmillan, era neto de Daniel, cofundador da editorial xunto ao seu irmán Alexander, e despois da súa xubilación da política en 1964 ocupou o cargo de presidente da empresa,[3] exercendo até a súa morte en decembro de 1986.[4] Estivo na empresa familiar como socio de 1920 a 1940 (cando chegou a ser ministro subalterno) e de 1945 a 1951, mentres estivo na oposición no Parlamento.
O alemán Holtzbrinck Publishing Group comprou a empresa en 1999.[5]
Século XXI
editarPearson adquiriu o nome Macmillan en América en 1998, tras a compra do grupo educativo e profesional Simon & Schuster (que incluía varias propiedades de Macmillan).[5] Holtzbrinck mercoullo en 2001.[6] McGraw-Hill segue a comercializar o seu material escolar a través de títulos de escola primaria baixo a súa marca Macmillan/McGraw-Hill. As operacións estadounidenses de Holtzbrinck Publishing cambiaron o seu nome a Macmillan en outubro de 2007.[5][7] O seu selo de publicación de son cambiou o seu nome de Audio Renaissance a Macmillan Audio, mentres que o seu brazo de distribución foi renomeado de Von Holtzbrinck Publishers Services a Macmillan Publishers Services.[5]
Notas
editar- ↑ (en inglés) «Where we have come from.» Web oficial. Consultado o 7 de marzo de 2015.
- ↑ "About: Macmillan Publishers". dbpedia.org (en portugués, inglés, catalán, castelán, e italiano). Consultado o 2022-07-20.
- ↑ "BBC - History - Historic Figures: Harold Macmillan (1894 - 1986)". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-07-20.
- ↑ "Historic figures; Harold Macmillan (1894–1986)". www.bbc.co.uk BBC (en inglés).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Milliot, Jim; Publishers Weekly (9 de outubro de 2007). "Holtzbrinck's U.S. Arm Now Macmillan". Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ Librería, Miscellaneous; Allbusiness.com
- ↑ "News Briefs: Macmillan Rebrands Higher Education Division". Publishers Weekly. 30 de decembro de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macmillan Publishers |
Ligazóns externas
editar- Macmillan Publishers Páxina oficial