Abrir o menú principal

Marmota é un xénero de roedores esciuromorfos da familia Sciuridae, coñecidos vulgarmente como marmotas, de onde toman o nome científico. Aínda que están estreitamente emparentadas cos esquíos, as marmotas supéranos amplamente en tamaño e son de hábitos terrestres. A maioría viven en zonas montañosas de Eurasia e Norteamérica e están ben adaptadas ao frío grazas aos seus corpos repoludos, densa pelaxe, pequenas orellas e gran cola.

As marmotas son animais moi sociables que usan unha gran variedade de sons para comunicarse entre elas, sobre todo cando tratan de advertirse dun perigo. Almacenan comida e hibernan nos seus tobos durante o inverno.

EspeciesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar