Termorregulación

Termorregulación é un termo que, en bioloxía, refírese ao conxunto de sistemas de regulación da temperatura corporal dos seres vivos.

A respiración arfante do can, coa boca aberta e a lingua ao aire, é un exemplo de termorregulación.

Esta regulación é exercida grazas á coordinación entre a produción (termoxénese) e liberación (termodispersión) da calor orgánica interna.

A termorregulación é, deste modo, un mecanismo de homeostase, xa que en presenza de grandes oscilaións térmicas externas, posibilita o mantemento da temperatura corporal dentro de fronteiras definidas.

Tipos de termorregulación

editar

Fisiolóxica

editar

Verifícase nos seres endotérmicos (regulación interna da temperatura) ou homeotérmicos (de temperatura pouco variada). O organismo ten a capacidade de regular a temperatura interna a través de mensaxes nerviosas.

Os homeotermos manteñe a súa temperatura constante, mesmo coa variación da temperatura ambiente. Son as aves e os mamíferos.

Comportamental

editar

Verifícase nos seres exotérmicos (regulación da temperatura consonte o medio externo) ou poiquilotérmicos (que teñen grandes variacións da temperatura corporal). O organismo non ten a capacidade de regular a temperatura interna, sendo esta regulada a través de factores externos e comportamentais. O animal, con baixa temperatura corporal, procura desprazarse a lugares de maior temperatura externa.

Caso humano

editar

No home (ser endotérmico e homeotérmico), a temperatura está regulada, en circunstancias normais, en cerca de 37 °C.

Cando se produce un aumento da temperatura no exterior, o corpo humano, a través de mecanismos homeostáticos de termorregulación, diminúe a temperatura corporal mediante procesos como a vasodilatación (os capilares aproxímanse á superficie cutánea, e hai unha transferencia de enerxía para o exterior) e a produción de suor que, ao evaporarse, diminúe a temperatura da pel (por absorber esta parte da calor de vaporización que necesita a suor para evaporarse). Dáse, así, unha retroalimentación negativa (resposta interna contraria á oscilación externa).

Cando a temperatura externa diminúe (factor perturbador que induce un estímulo que se conduce por vías aferentes ao centro coordinador/integrador (o complexo hipotálamo-hipófise), o centro coordinador envia, entón, unha mensaxe nerviosa por vías eferentes (nervios motores) para que se produza a vasoconstrición e a contracción muscular (que induce unha maior taxa de procesos catabólicos, como a respiración aerobia, que aumentam a calor metabólica).

A termorregulación dáse a través de mensaxes nerviosas (ao contrario da osmorregulación que require comunicación hormonal).

Este proceso relativo ao ser humano ocorre igualmente en varias especies (principalmente mamíferos e aves, como quedou dito).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Blatteis, Clark M, ed. (2001): Physiology and Pathophysiology of Temperature Regulation. Singapore & River Edge, NJ: World Scientific Publishing Co, ISBN 981-02-3172-5

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.