Abrir o menú principal

Os estrepsirinos (Strepsirrhini, do grego strepho, curvo e rhinos, nariz) son un suborde de primates cuxa principal característica é o seu nariz húmido. Atópanse en Madagascar e o sueste de Asia e considérase que teñen unhas características máis primitivas que haplorinos, o seu grupo irmán.

O seu nariz conéctase coa boca a través dun suco e teñen as narinas recubiertas dunha membrana desprovista de pelo chamada rinario, como ocorre cos cans e gatos. O tamaño do cerebro é menor e o seu bulbo olfactorio maior que nos haplorinos.

Coa excepción do aie-aie, todos os estrepsirinos teñen os incisivos moi apiñados e un único canino. Case todas as especies son nocturnas e teñen cola prénsil. A reprodución segue un ciclo estral. Teñen un útero en forma de 'E' e numerosas glándulas mamarias.

Xunto cos társios (hoxe considerados Haplorrhini) formaban o antigo grupo dos prosimios que, así definidos son un grupo parafilético.

ClasificaciónEditar

Suborde Strepsirrhini

Familia Notharctidae
Familia Sivaladapidae
Familia Adapidae
Superfamilia Lemuroidea
Familia Cheirogaleidae
Familia Lemuridae
Familia Lepilemuridae
Familia Indriidae
Familia Daubentoniidae
Superfamilia Lorisoidea
Familia Lorisidae
Familia Galagidae