Parafilia
Unha parafilia é un patrón de comportamento sexual que se caracteriza por prácticas ou fantasías pouco frecuentes, extravagantes, intensas e recorrentes, as cales son necesarias para a excitación sexual.[1] Ao longo da historia moitos autores clasificaron as prácticas sexuais segundo o seu grao de normalidade. Naceron así termos como perversión sexual, desviación sexual, anomalía ou alteración sexual, conduta excepcional, preferencia sexual ou variante sexual. Hoxe moitos autores consideran que as parafilias son parte das chamadas "novas adiccións", e polo tanto equivalentes a outras condutas derivadas dos trastornos no control dos impulsos.[2]
Etimoloxía
editarA palabra parafilia ten orixe grega. Componse de dous radicais: παρά, pará (á marxe de) e φιλία, filía (amor).
Características
editarSen afectar á resposta sexual, o desarreglo parafílico constitúese como unha desviación na elección e na realización coa parella, o escenario ou as circunstancias. Normalmente as fantasías parafílicas preséntanse durante a masturbación ou o coito como medio para acadar o orgasmo. Para o parafílico verdadeiro as súas prácticas son indispensables e iso provócalle conflitos coa súa parella, cos demais e consigo mesmo porque van contra a vontade do outro e como consecuencia poden provocar diversas disfuncións sexuais. Segundo o DSM-IV, as parafilias causan un malestar ou unha deterioración clinicamente significativos no funcionamento social, o laboral ou noutras áreas importantes. As súas características esenciais, segundo o devandito manual, son intensos e recorrentes impulsos sexuais, condutas ou fantasías sexualmente activadoras que inclúen, xeralmente, obxectos non humanos, o sufrimento ou a humillación do suxeito ou da parella, ou nenos ou outras persoas que non consenten. O DSM-IV inclúe oito parafilias específicas (exhibicionismo, fetichismo, froteurismo, paidofilia, sadismo e masoquismo, fetichismo travestista e voyeurismo) e outras parafilias non especificadas.[3]
Estatísticamente, as parafilias máis frecuentes son a paidofilia, o voyeurismo e o exhibicionismo.
Visión científica
editarOrixe
editarNo tocante á orixe das parafilias, non se puido demostrar a existencia de ningunha alteración orgánica ou psicolóxica que as explique.[4] Dende o punto de vista biolóxico, tense falado da existencia de niveis moi elevados de andróxenos mentres que outros suxeriron a relación entre as parafilias e alteracións no lóbulo temporal do cerebro. Nunha perspectiva psicolóxica, a teoría da aprendizaxe propón que estas condutas se establecen porque foron reforzadas nun momento dado (xeralmente na puberdade) e pola súa repetición en fantasías sexuais e masturbación. Segundo a escola psicanalítica, algunhas delas serían o resultado do complexo de castración na fase edípica. Outros enfoques presentan as parafilias como o resultado da falta de habilidades sociais e de asertividade.[5]
Interpretación patolóxica
editarAs parafilias case nunca se presentan nas mulleres e a súa frecuencia descoñécese porque en poucas ocasións o suxeito busca axuda. Isto e así porque o suxeito non percibe a súa conduta como algo anormal, aínda cando esta o incapacita para formar un vínculo sexual satisfactorio e ata lle provoca problemas de tipo legal nalgúns casos. As parafilias preséntanse soas, como conduta única, ou ben asociadas a diversos trastornos, tales como a esquizofrenia, personalidade antisocial, toxicomanía e outras alteracións mentais, ou baixo un período de estrés.[1]
A tónica máis habitual no ámbito científico é a de tender a someter o parafílico a terapias encamiñadas a corrixir a súa conduta. Os tratamentos experimentados ata hoxe adoitan ser contrarios á vontade do parafílico e, ademais, non acadan resultados positivos. Ata agora intentáronse procedementos de tipo orgánico, psicolóxico ou mixtos. Empréganse substancias antiandroxénicas que viñeron substituír os estróxenos, e tamén úsase, sobre todo en Europa, a coñecida como castración química, pouco efectiva e impredicible. Estes tratamentos con frecuencia presentan problemas médicos, polos efectos secundarios que provocan, pero tamén problemas de tipo ético e legal, ao seren administrados contra a vontade do paciente. Entre os enfoques psicolóxicos os máis empregados son os derivados da teoría da aprendizaxe, en detrimento das técnicas aversivas.[5]
Cuestionamento da normalidade
editarO termo parafilia refírese ao amor paralelo á forma convencional. O sexo convencional é heterosexual, coital, con finalidade declarada procreativa e efectuado en decúbito prono polo home e supino pola muller. Esta normalidade nominal entra en contradición coa riquísima diversidade sexual posta de manifesto polos estudos levados a cabo por Alfred Kinsey en 1948. Deste xeito o patrón de normalidade ven sufrindo cambios manifestos nas últimas décadas. Pomeroy definiu cinco criterios para identificar unha conduta sexual como parafílica: estatstico, filoxenético, moral, social e legal. López-Ibor reduce estas condicións a tres: dano a outros, dano a un mesmo e caract er obsesivo da conduta. Estas características están recollidas polo manual DSM-IV, pero a súa laxitude está cuestionada por permitir identificar como parafilia comportamentos como a coitofilia, entendida como sexo heterosexual convencional. Albert Ellis defende que toda conduta normal pode chegar a ser perversa.[2]
Mesmo a definición que fai o DSM-IV das parafilias toma como centro o comportamento sexual normal. Isto fai depender o concepto de parafilia do eido cultural e do momento histórico. Algúns sexólogos defenden que aqueles comportamentos sexuais que se dan entre persoas adultas, de mutuo acordo e que non producen danos graves nin escándalo público deberían recibir o nome de inadecuacións sexuais. Isto provén do feito de que non sempre as parafilias provocan conflitos ás persoas que as experimentan. A modo de exemplo, no pasado prácticas como a masturbación, a homosexualidade, a xerontofilia, o sexo anal ou oral, a pornografía e a prostitución eran consideradas parafilias.[2]
Catálogo de parafilias
editarDentro do grupo de parafilias non especificadas polo DSM-IV, hai máis de 300 descritas polos diferentes autores, algunhas delas absolutamente insólitas. A seguinte é unha listaxe non exhaustiva delas cunha breve descrición.[2][6]
Nome | Orixe |
---|---|
Abasiofilia | Persoas discapacitadas. |
Acomoclitismo | Xenitais depilados. |
Acrofilia | Parellas de talle alto. |
Acrotomofilia | Parellas amputadas. |
Actirastia | Exposición aos raios ou á calor do sol. |
Agalmatofilia | Estatuas e manequíns espidos. |
Agonofilia | Loita coa parella. |
Agorafilia | Práctica de sexo en lugares públicos. |
Agrexofilia | Que a actividade sexual sexa oída ou vista por terceiros. |
Albutofilia | Baños, duchas e, en xeral, o contacto coa auga. |
Aliphineur | Uso de loción. |
Aloerastia | Excitación da parella coa nudez dun terceiro. |
Alopelia | Ver a outros tendo sexo. |
Alorgasmia | Fantasiar durante o sexo. |
Alotriorastia | Parellas doutras razas. |
Altocalcifilia | Zapatos de tacón alto. |
Alveofilia | Ter sexo nunha bañeira. |
Alvinolagnia | O estómago da parella. |
Amatripsis | Masturbación realizada fregando entre si os labios da vulva. |
Amaurofilia | Persoas invidentes ou cos ollos vendados. |
Amelotasis | Persoas con algún membro amputado. |
Amiquesis | Rascar a parella durante o sexo. |
Amokoscisia | Desexo de reprimir á parella. |
Amomaxia | Ter sexo dentro dun automóbil estacionado. |
Anastimafilia | Persoas de altura diferente da propia. |
Analismo | Rexión ano-rectal. |
Androxinofilia | Persoas andróxinas. |
Androidismo | Bonecos ou robots con aspecto humano. |
Anisonogamia | Parella de idade marcadamente distinta. |
Anofelorastia | Profanar obxectos considerados sagrados. |
Anofilemia | Sexo oral sobre o ano e o perineo. |
Anomeatia | Penetración anal cunha parella feminina. |
Antolagnia | Ulir flores. |
Apotemnofilia | A idea de ser amputado. |
Aracnofilia | Atracción polas arañas. |
Arsometría | Sexo anal. |
Astenolagnia | Humildade, humillación ou febleza sexual da parella. |
Asfixiofilia | Estrangular, asfixiar ou afogar a parella durante o sexo. |
Audiolagnia | O estímulo principal provén da escoita. |
Autagonistofilia | Ser visto por outras persoas durante o sexo. |
Autoabasiofilia | Fantasía de converterse en coxo. |
Autoasasinofilia | Fantasía de ser asasinado ou de escenificar a propia morte. |
Autoasfixiofilia | Ser asfixiado durante a masturbación ou o sexo. |
Automisofilia | Ser degradado, ensuciado ou corrompido. |
Autonepiofilia | Utilizar cueiros e ser tratado como un bebé. |
Autopederastia | Penetrar co seu pene o seu propio ano. |
Autoungulafilia | Rascarse os xenitais. |
Axilismo | Masturbación dentro da axila da parella. |
Barosmia | Olfacto. |
Basoexia | Bicos. |
Belonefilia | Uso de agullas. |
Biandria | Sexo entre unha muller e dous homes. |
Biastofilia | Asaltar violentamente a alguén contra a súa vontade. |
Blastolagnia | Mulleres moi novas. |
Bondage | Práctica na que un dos participantes permanece atado. |
Botulinonia | Uso dun embutido como consolador. |
Bouxinonia | Uso dun consolador para estirar a vaxina. |
Braquioprosis | Penetrar co brazo o ano da parella. |
Candalagnia | Ver a parella ter sexo cun terceiro. |
Capnolagnia | Ver a outra persoa fumar. |
Catafilia | Submisión do home á súa parella. |
Cateterofilia | Uso dalgún tipo de catéter. |
Chezolagnia | Masturbarse durante a defecación. |
Choiva dourada | Ouriñar sobre a parella. |
Chubby chaser | A gordura da parella. |
Cinofilia | Sexo cun can. |
Ciprieunia | Sexo con prostitutas. |
Clastomanía | Rachar as roupas coas que viste a parella. |
Cleptolagnia | Roubar. |
Clismafilia | Inxectar líquido na cavidade anal; inclúe o uso de enemas. |
Coitobalnismo | Sexo nunha bañeira. |
Consuerofilia | Coserse zonas da pel. |
Coprofemia | Dicir obscenidades en público. |
Coprofilia | Feces. |
Coprolalia | Uso de malas palabras. |
Corefalismo | Sexo anal con nenas. |
Coreofilia | Baile erótico. |
Cratolagnia | A forza da parella. |
Crematistofilia | Pagar por sexo ou ser roubado pola parella. |
Criptoscopofilia | Ver a conduta privada doutras persoas na súa casa. |
Crurofilia | Pernas. |
Cronofilia | Inadecuación entre a idade do suxeito e a da súa parella. |
Cunilalia | Falar dos xenitais femininos. |
Cyesolagnia | Mulleres embarazadas. |
Dacrifilia | Bágoas ou pranto. |
Dendrofilia | Ter sexo contra unha árbore. |
Dipoldismo | Azoutar nas nádegas a un cativo. |
Dismorfofilia | Persoas deformes. |
Dorafilia | Pel humana ou de animais. |
Ducha romana | Vomitar sobre a parella, xeralmente tras beber viño ou ouriños. |
Ecdemolagnia | Viaxar ou estar lonxe da casa. |
Ecdiose | Espirse diante de descoñecidos. |
Ecouterismo | Escoitar sen consentimento a outros tendo sexo. |
Efebofilia | Adolescentes homes. |
Elefilia | Tecidos. |
Electrofilia | Emprego de choques eléctricos. |
Emetofilia | Vomitar. |
Enditofilia | Parella vestida. |
Eonismo | Travestirse. |
Erotofonofilia | Chamadas telefónicas con linguaxe erótica. |
Erotolalia | Falar de sexo. |
Escatofonofilia | Chamadas telefónicas a estraños con linguaxe obscena. |
Escopofilia | Ollar a outras persoas abertamente. |
Espectrofilia | Desexo de practicar sexo con espíritos, ou a propia imaxe nun espello. |
Estigmatofilia | Tatuaxes, piercings ou cicatrices. |
Exhibicionismo | Exposición do propio corpo espido. |
Exofilia | O infrecuente ou estraño. |
Falofilia | Os penes, especialmente os grandes. |
Felching | Recoller o esperma da vaxina ou do ano; inserir animais neles. |
Fetichismo | Uso de obxectos ou partes do corpo que representan o obxecto de desexo. |
Fisting | Penetrar co puño anal ou vaxinalmente. |
Flatofilia | Cheiro dos gases intestinais da parella. |
Formicofilia | Insectos ou outros animais pequenos movéndose sobre os xenitais. |
Froteurismo | Fregar os xenitais contra descoñecidos en lugares conxestionados. |
Furtling | Meter un dedo por un burato feito na zona xenital dunha foto. |
Gomfipotismo | Dentes. |
Grafolagnia | Fotos ou cadros eróticos. |
Graofilia | Mulleres moito maiores. |
Gregomulcia | Ser tocado por outra persoa. |
Hebefilia | Nenas púberes. |
Hemotigolagnia | Tampóns usados. |
Hibristofilia | Fantasiar ou simular unha violación. |
Hierofilia | Obxectos sagrados. |
Hifefilia | Posesión dalgún obxecto alleo: roupa, cabelos, pel etc. |
Higrofilia | Fluídos corporais. |
Hirsutofilia | Pelo corporal. |
Homiliofilia | Predicar unha relixión a persoas crédulas. |
Iatronudia | Espirse diante do médico. |
Infantilismo | Imitar a un neno. |
Insuflación erótica | Soprar aire dentro da vaxina, o ano ou a uretra. |
Krismolagnia | Cóxegas. |
Lactafilia | Os peitos en período de lactación. |
Leptosadismo | Forma lene de sadismo. |
Lectolagnia | Lectura de textos eróticos. |
Macrofilia | Persoas grandes ou grosas. |
Macroxenitalismo | Penes moi grandes. |
Maieusiofilia | Mulleres embarazadas. |
Martimaclia | Sexo grupal. |
Masoquismo | A propia humillación moral ou sufrimento físico. |
Matrilagnia | Sexo incestuoso entre a nai e o seu fillo ou filla. |
Matronolagnia | Parella muller moito maior. |
Melolagnia | Música. |
Menstruofilia | Mulleres menstruantes. |
Merintofilia | Estar atado. |
Microfilia | Persoas pequenas ou ananas. |
Microxenitalismo | Penes moi pequenos. |
Miscexenación | Sexo entre persoas de distinta raza. |
Misofilia | Roupa sucia e obxectos noxentos. |
Morfofilia | Persoas concertas características físicas (delgados, roxos, novos...). |
Moriafilia | Chistes sexuais. |
Nafefilia | Tocar ou ser tocado. |
Nanofilia | Persoas pequenas. |
Narcisismo | A propia persoa. |
Narratofilia | Narración erótica. |
Necroclese | Cadáveres femininos. |
Necrofilia | Cadáveres. |
Nepiofilia | Os cativos do sexo oposto. |
Nepirastia | Erguer un bebé. |
Ninfofilia | Adolescentes femias. |
Normofilia | Actos considerados normais pola sociedade e a relixión. |
Nosolagnia | Doenza terminal da parella. |
Oclofilia | Multitudes. |
Ofidiofilia | Serpes. |
Omolagnia | Nudez. |
Olfactofilia | Cheiro da transpiración, especialmente dos xenitais. |
Ozolagnia | Cheiros fortes. |
Parcialismo | Unha soa parte do corpo da parella. |
Partenofilia | Mulleres virxes. |
Patrilagnia | Sexo incestuoso entre pai e fillo ou filla. |
Pederastia | Nenos. |
Pediofilia | Bonecas. |
Peodeictofilia | Exhibición do pene. |
Picacismo | Inserción de alimentos nas cavidades do corpo para que a parella as recupere coa boca. |
Pigofilia | Contacto coas nádegas. |
Pigotripse | Rozar ou masaxear as nádegas. |
Podafilia | Pés humanos. |
Psicrofilia | O frío. |
Pubefilia | Pelo pubiano. |
Pungofilia | Roupa sucia e obxectos noxentos. |
Quinunolagnia | Situacións de perigo. |
Rabdofilia | Ser castigado ou flaxelado. |
Renifleurismo | Cheiro dos ouriños. |
Retifismo | Fetiche cos zapatos. |
Sadismo | Provocar dor física ou humillación á parella. |
Salirofilia | Inxestión de saliva ou suor. |
Sexo interxeneracional | Relacións entre persoas que se levan polo menos o dobre de idade. |
Sinforofilia | Provocar un accidente. |
Somnofilia | Realizar sexo oral a unha persoa durmida ata despertala. |
Sucusturpación | Masturbación a través da succión dos propios seos. |
Sudorofilia | Suor da parella. |
Tafefilia | Ser enterrado vivo. |
Telefonofilia | Manter conversacións telefónicas. |
Tesauromanía | Gardar obxectos que pertencen á parella. |
Thlipsosis | Beliscos. |
Toucheirsmo | Tocar unha persoa descoñecida. |
Tragolimia | Desexo sexual compulsivo independente do atractivo da parella. |
Travestismo | Vestir roupas do sexo oposto. |
Tripsofilia | Ser masaxeado ou facerse lavar o cabelo. |
Uretralismo | Inserción de obxectos pola uretra. |
Urofilia | Uso do ouriños durante a práctica sexual (chuvia dourada). |
Vampirismo | Extracción de sangue. |
Vincilagnia | Facerse atar. |
Voyeurismo | Ver outras persoas practicando sexo, de forma non aberta. |
Xerontofilia | Homes moito maiores. |
Ximnofilia | Nudez. |
Xinemimetonofilia | Homes travestidos. |
Xinonudomanía | Arrincarlle as roupas á parella. |
Xuvenilismo | Imitar a un adolescente. |
Zoofilia | Animais. |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 BARRIOS MARTÍNEZ, D. (2006). En las alas del placer: Como aumentar nuestro goce sexual. Editorial Pax México. ISBN 968-860-751-7. (en castelán)
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 MONTEJO GONZÁLEZ, A.L. (2005). Sexualidad, psiquiatría y cultura. Editorial Glosa, S.L. ISBN 84-7429-261-1. (en castelán)
- ↑ CABALLO, V.E. (2002). Manual para el tratamiento cognitivo-conductual de los trastornos psicológicos: Trastornos por ansiedad, sexuales, afectivos y psicóticos. Siglo XXI de España Editores. ISBN 84-323-0943-5. (en castelán)
- ↑ PRADO BASSI, E. (2007). Objetos del silencio: secretos de infancia. Editorial Cuarto Propio. ISBN 956-260-421-7. (en castelán)
- ↑ 5,0 5,1 VALLEJO RUILOBA, J. (2006). Introducción a la psicopatología y la psiquiatría . Elsevier España. ISBN 84-458-1659-4. (en castelán)
- ↑ Diccionario de filias e parafilias (en castelán)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parafilia |