A altocalcifilia é un tipo de fetichismo no que se obtén pracer ao observar ou levar posto zapatos de tacón alto. A altocalcifilia forma parte dos fetichismos asociados a pezas de vestir, en particular ao fetichismo de calzado coñecido tamén como retifismo.[1]

Este tipo de parafilia preséntase comunmente en homes que gozan observando mulleres que locen este tipo de calzado.

Características editar

A altocalcifilia é moi común entre os sadomasoquistas, quen o converten en perversión. Malia que non está clasificado dentro do DMSV (Manual de Psiquiatría), considérase clinicamente unha parafilia sempre e cando afecte as normais relacións sociais do paciente e se presente de forma recorrente durante polo menos 6 meses. Así mesmo, é pouco común que esta parafilia se presente soa, normalmente está asociada a outro tipo de fetichismos.

A interpretación psicanalítica da altocalcifilia ve nela unha asociación entre o obxecto que é familiar ao neno mentres agatuña (o zapato feminino) e as mostras de afecto infantil recibidas por el. Existe rexistro do caso dun chimpancé macho criado en cativerio que se masturbaba fretándose contra a bota do seu vixilante.[2]

Notas editar

  1. MONTEJO GONZÁLEZ, A.L. (2005). Sexualidad, psiquiatría y cultura. Editorial Glosa, S.L. ISBN 8474292611. 
  2. NAVARRO LINS, R.; BRAGA, F. O libro de ouro do sexo. Ediouro Publicações. ISBN 8500016337. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar