Pedofilia
A pedofilia (do grego παιδοφιλια e este de παις-παιδος páis-paidós, «pícaro, cativo, neno», e φιλíα filía, «amizade») é unha parafilia consistente na atracción sexual cara a nenos que aínda non chegaron á puberdade. Esta tendencia non se traduce necesariamente na comisión de actos de carácter sexual.[1]
Características
editarInterpretación
editarDende o punto de vista psicanalítico, a pedofilia é a incapacidade para manter unha relación amorosa adulta, e ten a súa orixe nun elemento narcisista que se manifesta na tendencia do pedófilo para amar no neno o seu propio ser na infancia, proporcionándolle ao cativo o trato que el recibiu ou o oposto.[1]
Conduta
editarPara ser clasificado como pedófilo unha persoa ten que ter 16 anos ou máis, ter polo menos 5 anos máis que o neno, ter actuado conforme á súa tendencia ou terse sentido trastornado por ela. As preferencias sexuais dos pedófilos son moi específicas e a súa conduta é normalmente crónica e moi duradeira.[2]
A conduta pedofílica pode adoptar diversas formas que van dende a exhibición das partes íntimas do corpo do pedófilo, bicar ou acariciar sexualmente o corpo do neno, tocar as súas partes íntimas, inducilo a tocar as partes íntimas do pedófilo ou realizar o coito co neno. Arredor do 12% dos homes e o 17% das mulleres reportaron ter sufrido tocamentos por unha persoa adulta cando eran nenos. A meirande parte das vítimas de pedofilia non buscan axuda dos servizos sociais e moitos non lle comunican á súa familia a agresión sufrida. A idade media á que se deciden a comunicarllo a alguén é de 44 anos.[3]
Repercusión social
editarOs medios de comunicación veñen prestando atención á pedofilia dende que se descubriu que un número importante de sacerdotes da Igrexa Católica abusou sexualmente de nenos e adolescentes. Este feito provocou a protesta pública e o pago de indemnizacións por cantidades moi elevadas. Como resultado deste escándalo moitos membros do clero foron despoxados do sacerdocio e outros enfróntanse a cargos legais.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 GALLIMBERTI, U. Diccionario de psicología. Siglo XXI. ISBN 9682326184. (en castelán)
- ↑ SARASON, B.; SARASON, I.G. (2006). Psicopatología: psicología anormal : el problema de la conducta inadaptada. Pearson Educación. ISBN 9702608414. (en castelán)
- ↑ NAVARRO LINS, R.; BRAGA, F. O livro de ouro do sexo. Ediouro Publicações. ISBN 8500016337. (en portugués)
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pedofilia |