Necrofilia
A necrofilia (do grego νεκρός, nekros “cadáver” ou “morto”, e φιλία, filia "amor" ou "atracción") é unha parafilia caracterizada pola atracción sexual cara aos cadáveres.[1]
Características
editarA necrofilia é citada por vez primeira na obra de Krafft-Ebing, en 1886, Psychopathia Sexualis.[2]
Non obstante, o fenómeno da necrofilia é coñecido dende os máis remotos tempos da historia da humanidade; O historiador Heródoto conta que as mulleres exipcias máis fermosas só eran entregadas ao embalsamador pasados tres días dende a súa morte, para evitar o seu uso sexual. Hoxe a necrofilia pode ser vista como costume común (ás veces até sacralizado) en certas tribos africanas e asiáticas. A necrofilia é máis habitual en tempo de guerra. Na Guerra de Marrocos de 1919 documentouse que os soldados vencedores practicaban a penetración anal cos cadáveres dos vencidos ou con corpos moribundos para aproveitaren os espasmos que estes experimentaban durante a morte.[3]
A necrofilia está prohibida en case todos os países e apenas existen países que a acepten socialmente.
Notas
editar- ↑ BARRIOS MARTÍNEZ, D. (2006). En las alas del placer: Como aumentar nuestro goce sexual. Editorial Pax México. ISBN 9688607517. (en castelán)
- ↑ KRAFFT-EBING, R. von (1886). Psychopathia Sexualis.
- ↑ NAVARRO LINS, R.; BRAGA, F. O livro de ouro do sexo. Ediouro Publicações. ISBN 8500016337. (en portugués)
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Necrofilia |