Catarrhini
(Redirección desde «Catarrinos»)
Catarrhini Rango fósil: Finais do Eocene – Presente | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Papio ursinus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||
Catarrhini é unha das dúas subdivisións da infraorde dos Siimiformes, os primates superiores ou simios. Abrangue aos monos do Vello Mundo e aos Hominoidea, os cales teñen as divisións de xibóns e os Hominidae (orangutáns, gorilas, chimpancés, bonobos e humanos). Son todos nativos de África e Asia. Aos membros desta pavorde chámaselles catarrhinos.
Clasificacións e evolución
editarOs Hominoidea e os monos do Vello Mundo escindíronse dos monos do Novo Mundo hai arredor de 35 millóns de anos. A principal escisión do grupo catarrhine ocorreu hai 25 millóns de anos, cando se separaron os xibóns dos outros grandes simios (incluídos os humanos), hai 15-19 millóns de anos[1].
- Orde Primates[2]
- Suborde Strepsirrhini: lémures, lorises etc.
- Suborde Haplorhini: társios, monos e Hominoidea
- Infraorde Tarsiiformes
- Familia Tarsiidae: társios
- Infraorde Simiiformes: Hominoidea (simios) ou primates superiores
- Parvorder Catarrhini
- Superfamilia Cercopithecoidea, monos do Vello Mundo
- Familia Cercopithecidae: monos do Vello Mundo
- Superfamilia †Propliopithecoidea
- Familia †Propliopithecidae (inclúe a Aegyptopithecus)
- Superfamilia †Saadanioidea
- Familia †Saadaniidae
- Superfamilia Hominoidea
- Familia Hylobatidae: xibóns
- Familia Hominidae: grandes simios (incluídos os humanos)
- Superfamilia Cercopithecoidea, monos do Vello Mundo
- Parvorde Platyrrhini: monos do Novo Mundo
- Parvorder Catarrhini
- Infraorde Tarsiiformes
Notas
editar- ↑ Carlos G. Schrago, Claudia A. M. Russo (27-06-2003). "Timing the Origin of New World Monkeys". Molecular Biology and Evolution. Oxford Journals. Consultado o 21-08-2010.
- ↑ Groves, C. P. (2005). "Order Primates". In Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3º ed.). Johns Hopkins University Press. páx. 111–184. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.