Deriva continental

movemento relativo dos continentes terrestres

A deriva continental refírese ao movemento relativo dos continentes terrestres, duns en relación aos outros. A teoría da deriva continental foi orixinalmente proposta por Alfred Wegener en 1912.

Imaxe animada mostrando a separación de Panxea

Historia e características

editar

Wegener formulouna baseado en numerosas observacións que indican que os continentes estaban unidos en eras xeolóxicas pasadas. Estas evidencias inclúen a maneira en que parecen encaixar as formas dos continentes a cada lado do océano Atlántico, como por exemplo África e Suramérica (aínda que Benxamín Franklin e outros xa se decataran do mesmo feito anteriormente). O parecido da fauna fósil dos continentes setentrionais e como algunhas formacións xeolóxicas continúan en continentes separados por océanos.

Wegener tamén maxinou que o conxunto dos continentes actuais estiveron unidos, no pasado remoto da Terra, formando un supercontinente denominado Panxea. O concepto foi inicialmente descartado pola maioría dos seus colegas, xa que a súa teoría carecía dun mecanismo para explicar a deriva dos continentes. Na súa tese orixinal propuxo que os continentes se desprazaban sobre o manto da Terra da mesma maneira que un despraza unha alfombra sobre o piso dunha habitación, o cal é por completo irrazoable. A forza de fricción á escala dos continentes faino imposible. A idea de deriva continental non foi aceptada como teoría seria en Europa ata os anos 50. Durante a década seguinte as investigacións de Robert Dietz, Bruce Heezen, Harry Hess e Maurice Ewing conduciron á súa aceptación final.

A teoría da Deriva Continental forma parte do concepto de tectónica de placas. O fenómeno sucede desde hai centos de millóns de anos grazas á convección na astenosfera o que fai que a litosfera sexa desprazada pasivamente por estas correntes de convección.

Ideas básicas

editar
  • No pasado, todas as terras emerxidas estiveron unidas formando un gran continente denominado Panxea (en grego, significa 'todas as terras'),
  • Panxea dividiuse. Os fragmentos resultantes desprazáronse e deron lugar aos continentes actuais.
  • Na fronte de avance dos continentes formaríanse unhas "engurras": as cordilleiras.

Probas

editar
 
Probas da deriva continental a través da coincidencia de patróns fósiles en varios continentes.

Wegener observou as coincidencias entre as liñas de costa dos continentes. Suxeriu que estes formaran unha vez un único continente, que denominou Panxea. Este continente fragmentouse e deu lugar aos continentes actuais.

Existen exemplos de fósiles de organismos idénticos que actualmente distan miles de quilómetros, cousa que non puido ser posíbel cando estes organismos vivían, polo que queda así probado que os continentes tiveron que estar xuntos algunha vez.

Se se unen os continentes, obsérvase que os tipos de rochas, a súa cronoloxía e as principais cadeas montañosas terían continuidade física. Pódese polo tanto dicir que moitas cordilleiras orixináronse en Panxea e logo separáronse.

Probas paleoclimáticas

editar

Wegener descubriu que o clima actual dalgunhas zonas da Terra non coincide co clima que tiveron no pasado. Os continentes atopábanse nunha latitude máis ao sur que a actual.

Datos varios

editar
  • Suramérica e África distáncianse a unha da outra a razón de 3 centímetros por ano, en razón á expansión do leito mariño ó longo da cadea mesoatlántica.
  • O proceso de fragmentación continental (deriva) pódese observar actualmente na separación da península de Baixa California de Norte América.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar