A litosfera[1] (do grego antigo λίθος, litos, ‘pedra’ e σφαίρα, sphaíra, ‘esfera’) é a parte do planeta Terra constituída por rochas e solo, correspondendo á codia terrestre. É un dos tres principais grandes ambientes físicos da Terra, ao lado da hidrosfera e da atmosfera, que na súa relación, en canto soportes da vida, constitúen a biosfera.

Subdución entre placas litosféricas. Nótese que a litosfera inclúe a cortiza terrestre.

Composición e extensión editar

A litosfera non só comprende a superficie sólida da Terra, senón tamén a parte superior do manto terrestre, sendo así unha capa fundamental na estrutura terrestre.[2]

Composta por rochas ígneas, sedimentarias e rochas metamórficas, a litosfera cobre toda a superficie da Terra, dende a cima do Monte Everest até as profundidades da Fosa das Marianas. Nas rexións continentais, está formada principalmente por rochas graníticas, ricas en aluminio e silicio (a codia continental), tamén chamada Sial. Nas zonas oceánicas predominan as rochas basalto (codia oceánica) compostas por minerais ricos en silicio, manganeso e magnesio, chamados Sima.

A litosfera ten un espesor aproximado medio de 50 a 100 km,[3] sendo o seu límite externo a superficie terrestre.[4] O límite inferior varía dependendo da definición de litosfera que se ocupe. Para este caso, tendo en conta o espesor mencionado, é a astenosfera.[4]

Fenómenos xeolóxicos e tectónicos editar

Esta é responsable da formación dos relevos terrestres e tamén xoga un papel esencial nos fenómenos tectónicos e sísmicos do noso planeta.[5]

Caracterízase pola súa rixidez e divídese, ademais, en diversas placas tectónicas, que se desprazan lentamente sobre a astenosfera, a capa viscosa e semi-fluída que se atopa xusto debaixo dela. Este movemento das placas é o que causa terremotos, volcáns, a formación de montañas e, en xeral, a configuración xeográfica do planeta.

A litosfera e os ciclos bioxeoquímicos editar

A litosfera ten un papel crucial no ciclo do carbono, un dos ciclos bioxeoquímicos máis importantes na manutención da vida tal como a coñecemos.[6] As rochas sedimentarias, como a calcaria, actúan como enormes almacéns de carbono, e os procesos de meteorización e erosión das rochas contribúen tamén ao transporte de minerais e nutrientes por toda a superficie terrestre, influenciando a fertilidade dos solos e, polo tanto, a produtividade dos ecosistemas.[7]

Interacción da litosfera con outras esferas editar

Con todo, a súa interacción coa atmosfera, hidrosfera e biosfera, a litosfera axuda a formar e manter un ambiente propicio para o desenvolvemento e a manutención da vida, participando activamente nos procesos que regulan o clima e a química terrestre. A comprensión das súas dinámicas é, polo tanto, esencial para entendermos o funcionamento do noso planeta e para abordarmos retos ambientais presentes e futuros.[8]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para litosfera.
  2. Plummer, Charles C.; Carlson, Diane H.; Hammersley, Lisa (2016). Physical geology. ISBN 978-0-07-809610-5. 
  3. Artimieva 2011, p. 1.
  4. 4,0 4,1 Artimieva 2011, p. 4.
  5. "What is Plate Tectonics?". U.S. Geological Survey. Consultado o 2023-10-05. 
  6. Berner, Robert A. (2004-08-19). The Phanerozoic Carbon Cycle: CO2 and O2 (en inglés). Oxford University Press, USA. ISBN 978-0-19-517333-8. 
  7. "Soil Degradation". Soil Science Society of America. Consultado o 2023-10-05. [Ligazón morta]
  8. "Climate Change 2013 – The Physical Science Basis". Intergovernmental Panel on Climate Change. Consultado o 2023-10-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.