O libre comercio é un concepto económico, referente á venda de produtos entre países, libre de aranceis e de calquera forma de barreira comercial.

O libre comercio supón a eliminación de barreiras artificiais (regulamentos gobernamentais) ao comercio entre individuos e empresas de diferentes países.

O comercio internacional é a miúdo restrinxido por diferentes impostos nacionais, aranceis, impostos aos bens exportados e importados, así como outras regulacións non monetarias sobre bens importados. O libre comercio oponse a todas estas restricións.

Historia

editar

O Libre comercio foi unha doutrina política xurdida no século XVIII en oposición ao entón reinante mercantilismo.

A súa premisa básica é que as restricións impostas polos gobernos ao intercambio voluntario de bens e servizos prexudican a economía e diminúen o volume de comercio.

Os seus defensores dividíanse entre "utilitarios", que defendían o pragmatismo e as vantaxes de incrementar o comercio, e os "manchesterianos" (ou liberais) que defendían o dereito fundamental de todo home a intercambiar libremente a súa propiedade con nacionais e estranxeiros.

A súa maior vitoria foi a derrogación das Leis de Cereais por parte de Robert Peel en 1846 tras unha longa e celebre campaña por parte de Cobden e Bright.

Dende 1950, cando Robert Schuman lanza a idea que leva á creación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), o que constitúe o inicio da actual Unión Europea (UE), esta organización puxo en funcionamento distintas formas de libre comercio entre os seus membros mediante as zonas francas.

En 1994, os Estados Unidos iniciaron o seu primeiro exercicio de libre comercio co Tratado de Libre Comercio de América do Norte (TLCAN), que inclúe a México e o Canadá.

Argumentos a favor e en contra

editar

Algúns dos acordos que foron denominados de "libre comercio" polos seus propoñentes, poden crear barreiras ao mercado libre. Os críticos destes tratados venos como unha forma de protección dos intereses das empresas multinacionais.

Existe un debate permanente de se o libre comercio axudará ou non ás nacións do terceiro mundo. Cuestiónase ata se o libre comercio é conveniente ou non para o mundo desenvolvido.

Moitos economistas argumentan que o libre comercio mellora a calidade de vida a través da teoría da vantaxe comparativa e das economías de escala. Outros argumentan que o libre comercio permite aos países desenvolvidos explotar aos países do terceiro mundo, destruíndo a industria local destes países. En contraposición, díxose que o libre comercio afecta ao mundo desenvolvido pola perda de empregos destas nacións, os cales móvense a outros países, producindo unha carreira cara ao abismo que xera unha deterioración xeral dos estándares de saúde e seguridade. Como argumento a favor, o libre comercio supón un estímulo para os países por depender economicamente entre si, co cal diminúen as posibilidades de enfrontarse e ir a unha guerra.

Algunhas descricións da vantaxe comparativa están baseadas na condición necesaria de 'inmobilidade de capital'. Se os recursos financeiros se poden mover libremente entre distintos países, a vantaxe da teoría comparativa se erosiona, e hai un dominio de quen ten a vantaxe absoluta. Dada a apertura de fluxos de capital que acompañou os acordos de libre comercio dos 90's, a condición de 'inmobilidade de capital' non ten xa validez. Como consecuencia, pódese argumentar que a teoría económica da vantaxe comparativa non pode utilizarse como soporte á teoría de libre comercio. Con todo, como o expresou o economista Paul Krugman, o teórico económico do século XIX David Ricardo, quen formulou a doutrina da vantaxe comparativa, viviu o mesmo un período de alta mobilidade de capitais.

A posta en funcionamento actual do libre comercio hoxe foi moi criticada. Unha queixa común é que os Países desenvolvidos tenden a facer presión ao terceiro mundo para que abran os seus mercados aos produtos industriais e agrícolas das nacións desenvolvidas, á vez que se opoñen a abrir os seus mercados aos produtos agrícolas do terceiro mundo. Unha razón indiscutible contra o libre comercio é que as barreiras comerciais como cotas de importación e subsidios agrícolas non permiten competir aos agricultores do terceiro mundo nos seus mercados locais e menos aínda no comercio mundial, incrementando así a pobreza nos países en vía de desenvolvemento.

Adicionalmente, salientouse que o concepto actual de libre comercio favorece o movemento libre de produtos e empresas, o cal é favorable para os países desenvolvidos, pero isto non vai á vez co libre movemento de traballadores, o cal favorecería ás nacións do terceiro mundo.

Algúns suxiren que o libre comercio xera cambios demasiado rápidos nas condicións de vida e no mercado laboral profesional.

Os opositores do libre comercio a miúdo refiren como políticas alternativas as asociadas ao comercio xusto.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar