Praza de soberanía

As prazas de soberanía son parte do territorio baixo soberanía española, sendo os demais a España peninsular, as illas Baleares, as illas Canarias, Ceuta e Melilla.

Prazas de soberanía de España, agás Alborán, Ceuta e Melilla.

As prazas de soberanía son pequenos territorios situados no mar de Alborán, estreito de Xibraltar e costa norteafricana. Administrativamente dependen directamente do Goberno central de Madrid. Son polo tanto territorio tamén da Unión Europea. Estas prazas de soberanía son:

Cando España lle concedeu a independencia a Marrocos en 1956, non cedeu os illotes e prazas do norte marroquí que tiña dende o século XVI, moito antes da colonización de Marrocos de comezos do século XX. Porén, estas prazas son reclamadas polo reino alauíta.