Cimbabue
Coordenadas: 20°S 30°L / -20, -30
Cimbabue[2][3] ou Zimbabwe[4][5][6] (en inglés: Zimbabwe), oficialmente República de Cimbabue (en inglés: Republic of Zimbabwe), é un país ó sur de África que anteriormente se chamaba Rodesia. Limita ó norte con Zambia e Mozambique; ó leste con Mozambique; ó sur con Suráfrica e ó oeste con Botswana. Ten tres linguas oficiais: o inglés, o shona e o ndebele.
República de Cimbabue | |||
---|---|---|---|
Republic of Zimbabwe | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: Unity Freedom Work (Unidade, Liberdade e Traballo) | |||
Himno: Ngaikomborerwe nyika yeZimbabwe | |||
Capital • Poboación | Harare 1 600 000 (2007) | ||
Cidade máis poboada | Harare | ||
Linguas oficiais | Inglés, shona, ndebele | ||
Forma de goberno | República presidencialista | ||
Presidente Vicepresidente | Emmerson Mnangagwa Constantino Chiwenga | ||
· Declarada (como Rodesia) · recoñecida (como Zimbabwe-Rodesia) | 11 de novembro de 1965 17 de abril de 1980 | ||
Superficie | Posto 59º | ||
• Total | 390 580 km² | ||
Fronteiras | 3 066 km | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 66º | ||
• Total (2007) | 12 236 805 hab. | ||
• Densidade | 32 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 99º | ||
• Total (2007) | 2 210 000 000 US$ | ||
• per cápita | 188 US$[1] | ||
Moeda | Dólar cimbabuense (ZWD ) | ||
IDH (2007) | 0,513 (151º) – Baixo | ||
Xentilicio | Zimbabwés / -sa | ||
Fuso horario | UTC + 2 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .zw | ||
Prefixo telefónico | +263 | ||
Prefixo radiofónico | Z2A-Z2Z | ||
Código ISO | 716 / ZWE / ZW | ||
Membro de: ONU, UA | |||
En 1965 a minoría branca declarou o país independente do Reino Unido co nome de Rodesia, non recoñecido polo Reino Unido, e instalou un réxime de segregación racial semellante ó do apartheid de Suráfrica.
O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O 17 de abril de 1980 o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Cimbabue.
Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de dereitos humanos.[7][8] Tamén se dá a fraude electoral [9] entre intimidacións varias[10], que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.[11]
Etimoloxía Editar
A verba Zimbabwe deriva de "Dzimba dza mabwe," que significa "grandes casas de pedra" na lingua shona.[12] O seu uso como nome do país é polo Gran Cimbabue.
Goberno e política Editar
Cimbabue é unha república parlamentaria. O sufraxio é universal para todos os maiores de 18 anos. O presidente é, á súa vez, o xefe de Estado e de Goberno. O parlamento está formado por dúas cámaras, a máis importante ten 150 escanos, dos cales 120 son escolleitos polos cidadáns, 20 polo presidente e dez xefes tribais. Outra cámara, unha cámara alta, o Senado, foi instaurada tralos cambios constitucionais de 2005.[13]
O partido de Robert Mugabe, Unión Nacional Africana de Cimbabue-Fronte Patriótica (ZANU-PF), leva dominando a vida política do país desde a súa independencia, gañando sempre as eleccións.[14] As eleccións de 1990 foron nacional e internacionalmente criticadas por sospeitosas de fraude, xa que o Zimbabwe Unity Movement, o segundo partido na oposición de Edgar Tekere, só obtivo o 16% dos votos. As eleccións de 2002 celebráronse entre denuncias de manipulación de votos, intimidación e fraude.[15] As seguintes eleccións celebráronse o 20 de marzo de 2008, onde Mugabe obtivo o 90% dos votos e se gravaron irregularidades nas eleccións.[16]. En 2017, Mugabe dimitiu tras un golpe de Estado que levou ao poder a Emmerson Mnangagwa.[17] Mnangagwa gañou as eleccións presidenciais de 2018.[18]
Tanto a Unión Europea como Estados Unidos decretaron sancións contra o goberno do actual presidente, Robert Mugabe, pola violación dos dereitos humanos.
Subdivisións Editar
- Artigo principal: Subdivisións de Cimbabue.
Cimbabwe divídese en oito provincias e dúas cidades con estatuto de provincia:
Economía Editar
- Artigo principal: Economía de Cimbabue.
O goberno de Cimbabue enfróntase a unha ampla variedade de difíciles problemas na súa economía. Entre estes problemas inclúense unha notoria falta de divisas, hiperinflación e escaseza de provisións. A súa participación na guerra de 1998 a 2002 na República Democrática do Congo, por exemplo, significou un descenso de centos de millóns de dólares da súa economía.[19] O necesitado apoio do FMI non chegou, debido a que o goberno fracasou en alcanzar os obxectivos orzamentarios precisos para as axudas. A taxa de inflación incrementouse dun 32% por ano en 1998 a un 586% a finais de 2005, e co maior rexistro do mundo cunha taxa de inflación dunha estimación oficial en xaneiro do 2008 do 100 580.2%, mentres que o tipo de cambio baixou de 24 dólares cimbabuenses por US$ a 85.000 por US$ na mesma época. Cimbabue ten actualmente a taxa de inflación máis alta do mundo. En marzo de 2008, a inflación alcanzou o 100.000% e, unha taxa de cambio de 1 dólar USA por 30 000 000 de dólares cimbabuenses. En xullo de 2008 a inflación oficial chegou a 2 200 000% ao ano, mais estatísticas extraoficiais indicaban unha inflación real de 9 000 000% ao ano.[20] Polo tanto, a poboación local que pode tende a comprar os produtos esenciais nos países veciños de Botswana, Suráfrica e Zambia.
As exportacións agrícolas, minerais e o turismo constitúen a principal vía de entrada de divisas estranxeiras.[21] Cimbabue é o país que mantén a relación comercial máis importante con Suráfrica no continente africano.[22] A dinámica decadente da economía do estado foi atribuída, principalmente, á mala xestión, á corrupción do goberno de Mugabe e á expropiación das terras de máis de 4000 granxeiros brancos durante a controvertida redistribución da terra do ano 2000.[23][24][25] A Zimbabwe Conservation Task Force publicou un informe en xuño de 2007 que estimaba a morte dun 60% da biosfera salvaxe do país desde 2000. O informe tamén advirte que a perda de vida xunto coa deforestación salvaxe é potencialmente perigosa para a industria turística.[26]
En 2005, o goberno, motivado polo gobernador do Banco Central Gideon Gono, comezou a suxerir a posibilidade de que os granxeiros brancos volveran ao país. Aínda quedaban entre 400 e 500 no interior, mais a maior parte da terra que foi confiscada xa non era produtiva.[27] En xaneiro de 2007 o Goberno permitiu incluso a algúns granxeiros facer contratos de arrendamento a longo prazo.[28] Porén, máis adiante deu marcha atrás e ameazou con encarcerar a todos os granxeiros brancos que seguiran en Cimbabue.[29][30]
En agosto de 2006 púxose en circulación un novo dólar cimbabuense, equivalente a 1000 dos antigos. Segundo o cambio oficial, a taxa de cambio caeu dos 24 dólares antigos por dólar estadounidense en 1998 a 250 000 dólares antigos o 250 novos por dólar estadounidense[31] ou no mercado paralelo, a 120 000 000 dólares antigos por dólar estadounidense en xuño de 2007.
En xullo de 2008, o Banco Central de Cimbabue puxo en circulación un billete de 1.000 millóns de dólares cimbabuenses para axilizar o uso de diñeiro en metálico. Non obstante, este novo billete ten aproximadamente o valor dun dólar estadounidense. Polo tanto, apenas serve para comprar unha barra de pan ou catro laranxas.[32]
A economía de Cimbabwe está en situación crítica. Tradicionalmente estivo baseada na agricultura aínda que a minería é moi importante, sendo un dos principais produtores de cromo.
Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Día de Aninovo | New Year’s Day | |
Varía cada ano | Venres Santo | Good Friday | |
Varía cada ano | Luns de Pascua | Easter Monday | |
18 de abril | Día da Independencia | Independence day | Concedida polo Reino Unido o 18 de abril en 1980 |
1 de maio | Día do Traballo | Labour Day | |
25 de maio | Día de África | Africa’s Day | O 25 de maio de 1963 fúndase a OUA |
7 de agosto | Día dos Heroes | Heroes' Day | |
8 de agosto | Día do Exército | Defenced Forces Day | |
22 de decembro | Festa da Unidade | Unity Day | |
25 de decembro | Día de Nadal | Christmas Day | |
26 de decembro | Boxing Day |
Notas Editar
- ↑ "Zimbabwe". International Monetary Fund. Consultado o 2008-10-09.
- ↑ Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2004). "LINGUA GALEGA. DÚBIDAS LINGÜÍSTICAS" (PDF). p. 102. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2014. Consultado o 24 de outubro de 2013.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
- ↑ Definición de zimbabwés, -sa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. (2012). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ "Zimbabwe". Amnesty International. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Cimbabue prohibe as actividades das organizacións de dereitos humanos Vieiros, 14 de decembro do 2004
- ↑ Desmond Tutu pide que ONU interveña en Cimbabue Vieiros, 29 de xuño de 2008
- ↑ A violencia de Cimbabue pode dexenerar nun novo xenocidio Arquivado 05 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Galicia Hoxe, 25 de xuño de 2008
- ↑ Rompe o goberno de cohabitación en Cimbabue BBC News, 16 de outubro de 2009 (en inglés)
- ↑ "Zimbabwe - gran casa de pedra" (en inglés). Somali Press. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2011. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Constitución de Cimbabue, 2005 Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. NGO Network Alliance Project (en inglés)
- ↑ Mugabe, Robert. (2007). Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica 2007 Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica
- ↑ Zimbabwe: Election Fraud Report Arquivado 04 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., Universidade de Pensilvania, 18 de abril de 2005
- ↑ [1]
- ↑ "Emmerson Mnangagwa: After Robert Mugabe resigns, who is the Zanu-PF politician favourite to succeed him as Zimbabwe President?" (en inglés). 21 de novembro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ "Resultados das eleccións 2018" (en inglés). 3 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2019.
- ↑ Violencia organizada e tortura en Cimbabue en 1999 Arquivado 02 de xuño de 2010 en Wayback Machine., 1999, Zimbabwe Human Rights NGO Forum (en inglés)
- ↑ "Zimbábue corta 10 zeros da moeda para combater inflação". bbc.com (en portugués). 30 de xullo de 2008. Consultado o 6 de abril de 2010.
- ↑ Perfil de Cimbabwe Arquivado 26 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés), Departamento de Asuntos Estranxeiros e Comercio Internacional de Canadá: “Posto que o país está ben equipado con recursos naturais como minerais, terra fértil e fauna salvaxe, posúe moitas oportunidades de actividades como a mineira, a agricultura e o turismo.”
- ↑ Relacións económicas entre Cimbabue e África do Sur dende o 2000 Arquivado 01 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine., Africa News, 31 de outubro de 2007 (en inglés): "Cimbabwe é o socio comercial máis importante de Suráfrica en África"
- ↑ Robinson, Simon. A Tale of Two Countries Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine., Time Magazine, 18 de febreiro de 2002 (en inglés)
- ↑ Cimbabue prohíbelle aos granxeiros brancos cultivar, USA Today, 24 de xuño de 2002 (en inglés)
- ↑ Granxeiros brancos en estado de sitio en Cimbabue, BBC News, 15 de agosto de 2002(en inglés)
- ↑ Nick Wadhams, A fauna e flora de Cimbabue decimada pola crise económica, Nairobi: National Geographic News, 1 de agosto de 2007 (en inglés)
- ↑ Meldrum, Andrew, Cimbabue encamíñase cara o desastre e invita aos granxeiros brancos e retornar, The Guardian, 21 de maio de 2005 (en inglés)
- ↑ Timberg, Craig, Granxeiros brancos ofrecen arrendamentos en Cimbabue, The Washington Post, 6 de xaneiro de 2007
- ↑ Cimbabue ameaza aos granxeiros brancos, The Washington Post, 5 de febreiro de 2007 (en inglés)
- ↑ Chinaka, Cris, Cimbabue ameaza aos granxeiros brancos coa evicción, Reuters, 8 de agosto de 2007 (en inglés)
- ↑ Reserve Bank of Zimbabwe
- ↑ CNN. "Zimbabwe introduces $100 billion banknotes" (en inglés).
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cimbabue |