Economía de Cimbabue

A economía de Cimbabue era unha das máis fortes de África, pero deteriorouse enormemente a partir da toma do poder por Robert Mugabe. Nos últimos anos o desemprego chegou ao 94%[3] e a inflación atinxiu o 100.000%,[4] a maior do mundo, seguido polo 40% de Birmania.

Economía de Cimbabue
Moeda dólar estadounidense, rand, pula
Organizacións comerciais de que fai parte OMC
Datos estatísticos[1]
PIB 6 909 millóns (2012)
Posición do PIB 160ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 5% (2012)
PIB per cápita 500 (2012)
PIB por sector agricultura 20,3%, industria 25,1%, comercio e servizos 54,6% (2012)
Inflación 8,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 3.909.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 66%, industria 10%, servizos 24% (1996)
Desemprego 95% (2009)
Industrias minería (carbón, ouro, platino, cobre, níquel, estaño, arxila), aceiro; produtos de madeira; cemento, produtos químicos, fertilizantes, roupas e calzados, alimentos e bebidas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 3 314 millóns (2012)
Produtos de exportación platino, algodón, tabaco, ouro, ferroligas, téxtiles / roupas
Principais mercados Suráfrica 17,3%, República Popular da China 16,9%, República Democrática do Congo 11,7%, Botswana 10,5%, Italia 6,1% (2011) (2012)
Importacións 4 675 millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e material de transporte, outros fabricantes, produtos químicos, combustibles, produtos alimenticios
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 6 975 millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Plantación de sorgo no Cimbabue.

A economía do país volveu crecer a pesar de continuar a incerteza política. Despois dunha década de recesión, entre o 1998 e o 2008 o Cimbabue rexistrou un crecemento de máis de 9% ao ano entre o 2010 e o 2011, antes de caer para 5% o 2012,[1] parte debido ás malas colleitas e ás baixos ingresos coa exportación de diamante.[1]

O país ten reservas de cromita, carbón, asbesto, cobre, níquel, ouro, ferro e platino. Con todo, os problemas políticos e a maior taxa de Sida do mundo obstaculizan o seu progreso. As políticas de Mugabe en materia de reforma agraria trouxeron consigo axitacións internas, desprazamentos da poboación, unha inflación desorbitada e a incapacidade do país para abastecer á súa poboación. A pesar da hiperinflación ter sido controlada, o goberno do país aínda enfronta difíciles problemas económicos, tales como as deficiencias na infraestrutura e nas regulacións, tensións raciais, incerteza política, unha grande débeda externa e insuficientes empregos formais para a poboación.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. Fundación Sur (29 de xaneiro de 2009). "Fundación Sur - El paro en Zimbabue alcanza el 94 %". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2009. 
  4. ELPAIS.com (3 de abril de 2008). "Zimbabue compra por Internet para sortear una inflación del 100.000%". Consultado o 24 de febreiro de 2009.