Illa de Mozambique
A Illa de Mozambique (en portugués, Ilha de Moçambique) é unha cidade insular situada na provincia de Nampula, na rexión norte de Mozambique, que deu o seu nome ao país do que foi a primeira capital. Debido á súa rica historia, manifestada por un amplo patrimonio arquitectónico, a illa foi recoñecida pola Unesco en 1991 Patrimonio da Humanidade.[1]
(pt) Ilha de Moçambique ![]() | |||||
Tipo | illa cidade espazo urbano ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Mussa Bin Bique (en) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Distrito da Ilha de Moçambique, Mozambique (pt) ![]() ![]() | ||||
| |||||
Bañado por | Canle de Mozambique ![]() | ||||
Características | |||||
Dimensións | 3 (![]() | ||||
Superficie | 1,5 km² ![]() | ||||
Patrimonio da Humanidade ![]() | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → África | ||||
Data | 1991 (15ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) e (vi) ![]() | ||||
Identificador | 599 | ||||
Patrimonio de influencia portuguesa | |||||
A illa constitúe un municipio e ten un goberno local electo. De acordo co censo de 1997, o concello ten 42.407 habitantes, e destes 14.889 viven na illa.
O seu nome, que en lingua macua é Muipiti, parece que deriva de Mussa-Ben-Bique, ou Mussa Bin Bique, ou incluso Mussa Al Mbique, personaxe sobre quen case non se sabe nada certo, pero que deu o nome (como Mussa Bin Bique) a unha nova universidade, situada en Nampula.
En canto á arquitectura, a illa está dividida en dúas partes, a "cidade de pedra" e a "cidade de macuti", a primeira con preto de 400 edificios, incluíndo os monumentos máis recoñecidos, e a segunda, na metade sur da illa, con cerca de 1200 casas de construción precaria, moitas delas cubertas con macuti.
A Illa de Mozambique está unida ao continente africano por unha ponte de preto de 3 km de lonxitude, construída nos anos 60.
Galería
editar-
Antigo hospital
-
Oficina de correo
-
Rua da cidade
-
Antigo cine teatro Nina
-
Praza dos heroes Mozambicanos
Notas
editar- ↑ "Island of Mozambique". Unesco (en inglés).
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Mozambique |