Comores

(Redirección desde «Illas Comores»)

As Comores,[1] oficialmente Unión das Comores (en francés: Union des Comores; en comoriano: Udzima wa Komori; en árabe: جزر القمر, Ğuzur al-Qamar), ata 2002 República Federal Islámica das Comores (en francés: République fédérale islamique des Comores; en árabe: جمهورية القمر الإتحادية الإسلامية), é un país formado por tres illas no sueste de África, situado ao extremo norte da Canle de Mozambique no océano Índico, entre o norte de Madagascar e o norte de Mozambique. O país consta de tres illas volcánicas: Gran Comora (Ngazidja), Mohéli (Mwali) e Anjouan (Nzwani), mentres que a veciña illa de Mayotte (Maore), reclamada polas Comores, segue pertencendo a Francia como departamento de ultramar, Mayotte votou en contra da independencia de Francia en 1974. O territorio comprende ademais outras pequenas illas.

Modelo:Xeografía políticaComores
Union des Comores (fr)
الاتحاد القمري (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoUdzima wa ya Masiwa Editar o valor en Wikidata

Lema«Unité – Solidarité – Développement» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 12°18′S 43°42′L / -12.3, 43.7
CapitalMoroni Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación902.348 (2022) Editar o valor en Wikidata (443,63 hab./km²)
Lingua oficialLingua comoriana
lingua árabe
lingua francesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.034 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoKarthala (2.361 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Índico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación6 de xullo de 1975 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal Editar o valor en Wikidata
• President of Comoros (en) Traducir Editar o valor en WikidataAzali Assoumani (2016–) Editar o valor en Wikidata
• President of Comoros (en) Traducir Editar o valor en WikidataAzali Assoumani (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembly of the Union of the Comoros (en) Traducir , (Escano: 33) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.296.089.479 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaFranco comoriano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.km Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+269 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia17, 18 e 772-03-73 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísKM Editar o valor en Wikidata

Sitio webbeit-salam.km Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455658

Comparte fronteiras marítimas con Madagascar e Mayotte ao sueste, Tanzania ao noroeste, Mozambique ao oeste e Seychelles ao nordeste. A súa capital e cidade máis grande é Moroni. A relixión da maioría da poboación, e a relixión oficial do estado, é o islam sunita. Como membro da Liga Árabe, é o único país do mundo árabe que está enteiramente no hemisferio sur. Tamén é un estado membro da Unión Africana, da Organisation internationale de la Francophonie, da Organización de Cooperación Islámica e da Comisión do Océano Índico. O país ten tres linguas oficiais: comoriano, francés e árabe.

Francia vetou resolucións do Consello de Seguridade das Nacións Unidas que afirmarían a soberanía de Comores sobre a illa.[2][3][4][5] Mayotte converteuse nun departamento de ultramar e nunha rexión de Francia en 2011 tras un referendo que foi aprobado por unha maioría esmagadora.

Con 1 861 km2 (719 sq mi), as Comores é a cuarta nación africana máis pequena por superficie. A súa poboación estímábase en 850.886 habitantes en 2019.

As Comores probablemente foron poboadas por primeira vez por austronesios, seguidos posteriormente por falantes de bantú de África Oriental xunto cos árabes. Despois pasou a formar parte do imperio colonial francés durante o século XIX, antes da súa independencia en 1975. Desde entón, experimentou máis de 20 golpes de estado ou intentos de golpe, con varios xefes de estado asasinados.[6] Xunto a esta constante inestabilidade política, ten un dos peores niveis de desigualdade de ingresos de calquera nación, e sitúase na peor cuartilla no Índice de desenvolvemento humano. En 2008, preto da metade da poboación vivía por debaixo do limiar internacional de pobreza de 1,25 USD ao día.[7] A rexión insular francesa de Mayotte, o territorio máis próspero da Canle de Mozambique, é un destino importante para os migrantes procedentes das Comores.

Etimoloxía

editar

O nome deriva da palabra árabe قمر (qamar), "lúa". O nome actual en árabe é precisamente "illas da lúa" (جزر القمر, ŷuzuru l-qamar), e na súa bandeira aparece a media lúa musulmá.

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Comores-Mayotte.

A través dos séculos, as illas de Comores foron invadidas por unha sucesión de diversos grupos desde a costa de África, o golfo Pérsico, Indonesia e Madagascar. Os exploradores portugueses visitaron o arquipélago en 1505 e causaron a destrución da economía comercial das illas. Cando o sultán de Omán logrou expulsar os portugueses da rexión, quedaron baixo a influencia de Zanzíbar e o tráfico de escravos dos poboadores de orixe bantú aumentou considerablemente.

Durante o século XIX, logo da separación de Zanzíbar do sultanato de Omán, os europeos premeron e Francia ocupou Mayotte en 1841 e posteriormente o resto do arquipélago entre 1886 e 1909. En 1912 as illas estiveron baixo a administración do gobernador xeral de Madagascar. Despois, colonizadores franceses, compañías de donos franceses e ricos mercantes árabes estableceron unha economía baseada en plantacións que agora abarcaban unha terceira parte do territorio do país para exportar os seus cultivos. En 1946 Francia concédelle autonomía administrativa co nome de Territorio de Ultramar das Illas Comores.

Un acordo foi rexeitado por Francia en 1973 para conceder a independencia en 1978. Con todo, o 6 de xullo de 1975, o parlamento comoriano emitiu unha resolución declarando a independencia. Os deputados de Mayotte, que permanecía baixo control francés, abstivéronse. En dous referendos, en decembro de 1974 e febreiro de 1976, a poboación de Mayotte votou contra a independencia de Francia (por 63.8% e 99.4% respectivamente).

En 1978, o presidente Alí Solilih é derrocado e asasinado e o país adopta unha nova constitución e adóptase o nome de República Federal Islámica das Comores baixo o mando de Ahmed Abdallah Abderramane; ao ano seguinte establécese o réxime de partido único. En 1983 e 1985 fracasan uns intentos de golpe de estado contra Abdallah, pero este é asasinado en 1989. En 1995 un grupo de mercenarios europeos encabezados por Bob Denard e apoiados por soldados comorianos derrocan o goberno e toman como refén o presidente Said Mohamed Yohar; pero forzas francesas especiais chegan desde Mayotte para reverter o golpe.

En 1997, as illas de Anjouan e Mohéli declaran a súa independencia de Comores, pero o goberno logra restablecer o control sobre os rebeldes.

Goberno e Política

editar

A situación do país foi moi volátil desde a súa independencia en 1975, con golpes de estado e insurreccións populares. O coronel Azali Assoumani tomou o poder nun sanguento golpe de estado en abril de 1999, derrocando o presidente interino Tadjiddine Ben Said Massounde que tomara o posto logo da misteriosa morte do presidente electo Mohamed Taki Abdoulkarim en novembro de 1998.

Logo dos acordos de paz asinados o 17 de febreiro de 2001 entre o Goberno e os separatistas elaborouse unha Constitución aprobada en referendo o 23 de decembro do mesmo ano, pasándose a denominar o país Unión de Comores, tendo as illas de Gran Comora, Anjouan e Mohéli ampla autonomía, cun Presidente propio e un texto constitucional tamén propio. A Presidencia da unión rota entre os candidatos das tres illas ao cabo de catro anos.

O presidente en exercicio é Ahmed Abdallah Mohamed Sambi desde 2006.

Organización político-administrativa

editar

Divídese nas tres illas principais:

Existen tamén catro municipalidades: Domoni, Fomboni, Moroni e Mutsamudu

Xeografía

editar
 
Mapa de Comores e Mayotte

Comores é un pequeno país de África e forma parte do arquipélago das Comores, formado de nordés a sueste pola illa Gran Comora (Ngazidja), Mohéli (Mwali), e Anjouan (Nzwani) así como por moitos illotes menores. As illas teñen orixe volcánica, cun relevo montañoso e abrupto que alcanza a súa cima no volcán activo Karthala de 2.361 m de altitude sobre o nivel de mar na illa principal. Ao sueste, atópase a illa de Mayotte, que aínda pertence a Francia. As illas coñécense oficialmente polos seus nomes en lingua comoriana, aínda que fontes internacionais aínda usan os seus nomes franceses. A capital e cidade máis grande, Moroni, está situada en Ngazidja. O arquipélago está situado no océano Índico, na Canle de Mozambique, entre a costa africana (a máis próxima a Mozambique e Tanzania) e Madagascar, sen fronteiras terrestres.

Con 1861 km², é un dos países máis pequenos do mundo. As Comores tamén teñen dereito a 320 km² de mares territoriais. O interior das illas varía desde montañas empinadas ata outeiros baixos.

As superficies e poboacións (no censo de 2017) das illas principais son as seguintes:[8]

Nome Superficie km² Poboación
Censo 2017[8]
Mwali 290 51,567
Ngazidja 1,147 379,367
Ndzwani 424 327,382
Totais 1,861 758,316

Ngazidja é a maior do arquipélago das Comores, cunha superficie de 1.147 km². Tamén é a illa máis recente, polo que ten solo rochoso. Os dous volcáns da illa, Karthala (activo) e La Grille (inactivo), e a falta de bos portos son características distintivas do seu terreo. Mwali, coa súa capital en Fomboni, é a máis pequena das catro illas principais. Ndzwani, cuxa capital é Mutsamudu, ten unha forma triangular distintiva causada por tres cadeas montañosas: Shisiwani, Nioumakele e Jimilime, que emanan dun pico central, o Monte Ntingui (1575 m.).

 
Gran Comore landscape

As illas do arquipélago das Comores formáronse pola actividade volcánica. O monte Karthala, un volcán en escudo activo, situado en Ngazidja, é o punto máis alto do país, con 2361 m.. Contén a maior parte de selva tropical en desaparición das Comores. O arquipélago constitúe a ecorrexión denominada selva das Comores. Karthala é actualmente un dos volcáns máis activos do mundo, cunha pequena erupción en maio de 2006, e erupcións anteriores tan recentes como abril de 2005 e 1991. Na erupción de 2005, que durou do 17 ao 19 de abril, 40.000 cidadáns foron evacuados e o lago do cráter na caldeira de 3x4 km. do volcán quedou destruído.

As Comores tamén reclaman as Illas dispersas do Océano Índico, as Illas Gloriosas, que comprende Grande Glorieuse, Île du Lys, Wreck Rock, South Rock e os tres illotes sen nome coñecidos como Roches Vertes, un dos distritos de ultramar de Francia. As illas Gloriosas foron administradas pola colonia das Comores antes de 1975, polo que ás veces considéranse parte do arquipélago das Comores. Banc du Geyser, unha antiga illa do arquipélago das Comores, hoxe mergullada, está xeograficamente situada nas Îles Éparses, pero foi anexionada por Madagascar en 1976 como territorio non reclamado. As Comores e Francia aínda ven o Banc du Geyser como parte das Illas Gloriosas e, polo tanto, parte da súa zona económica exclusiva particular.

Economía

editar

Comores é un dos países máis pobres de África. A súa economía está baseada no turismo, a axuda externa, a agricultura de subsistencia, ademais da pesca e a silvicultura, sector líder da economía do país.

Os niveis de desemprego son moi altos e a poboación baixo o nivel de pobreza alcanza o 60% do total. O 80% da poboación dedícase á agricultura que segue constituíndo boa parte das súas exportacións.

Posúe inaxeitados sistemas e transportes, unha poboación moza e con rápido crecemento, e poucos recursos naturais. O baixo nivel educativo da forza de traballo contribúe a unha actividade económica de subsistencia, e unha forte dependencia en asistencia estranxeira.

O goberno intenta aumentar a formación educativa e técnica, a privatizar as entidades comerciais e industriais, a poñer en funcionamento servizos de saúde, a diversificar as exportacións, promover o turismo e reducir o alto crecemento de poboación.

Demografía

editar

A etnia comoriana que habita as illas principais (86% da poboación) é de orixe árabe e africana. O islam é a relixión dominante, e as escolas coránicas para nenos reforzan a súa influencia. Aínda que a cultura árabe está firmemente establecida no arquipélago, unha minoría substancial dos cidadáns de Mayotte son católicos e teñen unha forte influencia da cultura francesa.

O idioma máis común é o comoriano (shikomor), dialecto do suahili. Tamén se fala francés, árabe e malgaxe. Cerca do 57% da poboación escribe co alfabeto latino, máis que co alfabeto árabe.

Cultura

editar
Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
25 de maio Día de África
6 de xullo Día de Independencia
29 de novembro Aniversario da morte de Ahmed Abdallah Abderramane Recordo do asasinato do presidente en 1989
Referencias
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comoriano.
  2. The first UN General Assembly Resolution regarding the matter, "Question of the Comorian island of Mayotte (PDF)", a Resolución A/RES/31/4 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, (21 de outubro de 1976) afirma que "a ocupación por Francia da illa comorense de Mayotte constitúe unha flagrante violación da unidade nacional do Estado comorense, membro das Nacións Unidas", rexeitando os referendos administrados por Francia e condenando a presenza francesa en Mayotte.
  3. Segundo o definido pola Organización da Unidade Africana, o Movemento dos Países Non Aliñados, a Organización de Cooperación Islámica e a Asemblea Xeral das Nacións Unidas: A resolución máis recente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre o asunto, "Cuestión da illa comoria de Mayotte", a Resolución A/RES/49/18 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, (6 de decembro de 1994), afirma que "os resultados do referendo do 22 de decembro de 1974 debian considerarse globalmente e non illa por illa,...Reafirma a soberanía da República Federal Islámica das Comoras sobre a illa de Mayotte". Several resolutions expressing similar sentiments were passed between 1977 (31/4) and 1994 (49/18).
  4. "Subjects of UN Security Council Vetoes". Global Policy Forum. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2008. Consultado o 27 de marzo de 2008. 
  5. "Article 33, Repertory, Supplement 5, vol. II (1970–1978)" (PDF). United Nations, Office of Legal Affairs (OLA). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de outubro de 2014. 
  6. "Intrigue in the world's most coup-prone island paradise". The Economist. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de xaneiro de 2019. 
  7. Human Development Indices Arquivado 19 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Table 3: Human and income poverty, p. 35. Retrieved on 1 de xuño de 2009
  8. 8,0 8,1 Institut Nationale de la Statistique et Études Économiques et Démographiques, Comoras (web).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar