Coordenadas: 11°45′37″S 43°21′11″L / -11.76028, 43.35306

Karthala é un volcán africano considerado activo, cunha altitude de 2.361 metros. Está localizado na illa de Gran Comora, preto de Madagascar, no océano Índico. Malia que a illa non ten sufrido grandes desfeitas nin destrucións, as frecuentes erupcións orixinaron a creación dunha caldeira de 3x4 quilómetros. Varias erupcións acontecidas no mes de abril de 2005 e en maio de 2006 puxeron fin a un longo período de calma.

Cráter do Karthala.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.