Gran Comora

Gran Comora (tamén coñecida como Grande Comore ou Ngazidja) é unha illa no Océano Índico na costa sur de África. É a maior illa das Comores cunha superficie de 1012,9 km². A maioría da súa poboación pertence á etnia comoriana. En 1991 tiña unha poboación de 234.000 habitantes. A súa capital é Moroni, que tamén é a capital nacional. Segundo a constitución de 2002, é gobernada por un presidente electo, así como nas outras illas, co goberno federal que reduciu moito o seu poder.

Bandeira de Gran Comora.
Mapa de Gran Comora.
Gran Comora (en branco) en relación as Comores (marrón claro).

Por varios séculos, Gran Comora estivo dividido en máis dunha ducia de sultanatos, incluíndo Bambao, Itsandra, Mitsamihuli, Bajini, Hambu, Washili, Hamahame, Mbude, Hamvu e LaDombe. Os sultáns eran coñecidos como falmes. En 1886 o gobernante de Bambao, Saidi Ali ibn Saidi Omar, unificou os sultanatos de Gran Comora no estado de Ngazidja, mantendo a autonomía nos outros sultanatos. Ese mesmo ano, Francia estableceu un protectorado sobre a illa e en 1893 Saidi Ali foi enviado ao exilio. En 1911 Francia anexionou a illa e os sultanatos foron abolidos. En 1975 Gran Comora se federóu con Anjouan e Mohéli para formar a nación das Comores. En 1997 as Comores comezou a disgregarse debido á secesión de Anjouan e Mohéli. Gran Comora converteuse na única illa baixo control federal. No 2002, con todo, Gran Comora foi reunificada coas outras illas baixo a nova constitución.