Al Masudi
Abd al-Hasan Ali ibn al-Husayn Masudi, nado en Bagdad cara ao 896 e finado no Cairo en setembro do ano 956, foi un historiador, xeógrafo e filósofo árabe.
Al Masudi | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 896 |
Bagdad | |
Falecemento | 956 e setembro de 956 |
O Cairo | |
Nacionalidade | Abbásida |
Relixión | Islam |
Ocupación | xeógrafo, historiador e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Viaxou por Al-Andalus, India, Sri Lanka, China e pasou os seus últimos anos en Siria e Exipto. Escribiu unha historia universal e as observacións das súas viaxes en 30 volumes. Foi o primeiro en describir os muíños de vento.