Cítrico
Cítricos (xénero Citrus) | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Citrus maxima | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Ver texto. |
Cítrico é o nome común do xénero Citrus, que designa as especies de grandes arbustos ou pequenas árbores perennes (entre 5 e 15 m) da familia das Rutáceas, que teñen froitos ou froitas que posúen un alto contido en vitamina C e ácido cítrico, o que lles fornece ese típico sabor acedo tan característico. Oriúndo da Asia tropical e subtropical, este xénero contén tres especies e numerosos híbridos cultivados, incluíndo as froitas máis amplamente comercializadas, como o limón, a laranxa, a lima, o pomelo e mais a mandarina, con diversas variedades que dependen da rexión na que se cultive cada unha delas.
O froito é un hesperidio, característico do xénero.
Por mor á facilidade de hibridación dos cítricos, todos os cultivos para uso comercial obtéñense enxertando as especies cultivares desexadas en plantóns seleccionados pola súa resistencia ás doenzas.
En GaliciaEditar
A diferenza do Mediterráneo, o clima de Galicia non é o máis axeitado para o cultivo de cítricos. Porén é común atopalos en todas as casas do sur do país, especialmente nas Rías Baixas por teren un clima máis morno no inverno. As especies máis comúns son os limoeiros e as laranxeiras, puidendose atopar tamén algún pomelo. É conveniente protexelos ou cubrilos no inverno para os protexer das xeadas e evitar abortos de flores e do callado do froito. As máis das veces plántanse par das vivendas ou dunha parede para os abeirar ou gorecer dos ventos do norte.
Clasificación das principais especies cultivadasEditar
Aínda que a clasificación taxonómica é complexa, recentes investigacións xenéticas demostraron que unicamente existen tres especies principais, sendo as restantes híbridos destas tres.
En 1997 Mabberley propuxo unha clasificación pragmática dos principais Citrus cultivados de xeito que clarexase o caos que moitas veces xurdiu segundo se consulten unhas ou outras fontes. Esta clasificación simplifica e clarexa o xénero e semella atopar o consenso dos principais botánicos.
Mabberley defende que unicamente existen tres especies principais Citrus maxima, Citrus medica e mais Citrus reticulata, sendo todas as restantes híbridos destas tres. Esta teoría só fai referencia aos cítricos cultivados non ás especies bravas do xénero.
A seguir fica a clasificación:
- 1 - Citrus medica L. (tamén coma Citrus limetta) É a cidreira, inclúe o cultivar ‘Etrog’ utilizado na festa xudía dos tabernáculos. Con dous taxons híbridos:
- Citrus × limon (L.) Osbeck. é o limoeiro.
- Citrus × jambhiri Lush., é o limón rugoso.
- 2 - Citrus maxima (Burm.) Merr. (tamén Citrus grandis). Con dous taxons híbridos:
- Citrus × aurantifolia, son as limeiras que son híbridos de C. medica ou C. × limon coa papeda de flor pequena C. micrantha.
- Citrus × aurantium (Citrus maxima × Citrus reticulata), Que forman o grupo das laranxeiras agres ou amargas. Dentro deste taxon considéranse outros catro híbridos máis:
- Citrus × sinensis, son tamén híbridos de Citrus maxima × Citrus reticulata porén con maior proporción de mandarina, son as laranxeiras doces, que producen as coñecidas laranxas doces.
- Citrus × paradisi, é o pomelo, un retrocruzamento entre laranxeira e C. maxima.
- Citrus × nobilis, son os tangor e tamén a mandarineira King. Tamén son retrocruzamentos con C. maxima.
- Citrus × tangelo, son os tanxelos, que son sucesivos cruzamentos de C. paradisi ou C. maxima e C. reticulata.
- 3 - Citrus reticulata, abrangue todos os mandarineiros, satsumas e clementinas.
Outras especies seleccionadasEditar
- Citrus australasica F.Muell. - Limón dedo
- Citrus balotina Poit. & Turp.
- Citrus dimorphocarpa Lush.
- Citrus ichangensis - limón Ichang
- Citrus obversa Hassk.
- Citrus glauca - Lima do deserto, lima australiana
- Citrus japonica (tamén coma Fortunella spp.) - Kumquat, laranxeira chinesa
Híbridos principais
- Citrus × bergamia - Bergamoteira. É un híbrido de limeira e laranxeira agre.
- Citrus × depressa - Shikwasa
- Citrus × latifolia - Lima persa
- Citrus × limetta - Limón doce
- Citrus × limettioides
- Citrus × hystrix
- Citrus × ichangensis - Papeda
- Citrus × limodulcis D.Rivera, Obón, F.Méndez & S.Ríos
- Citrus × limonia Osbeck - lima mandarina, lima de Cantón, limón rugoso, Lima rangpur, Limón cravo, Limón hime.
UsosEditar
En MedicinaEditar
O ácido cítrico é usado moi abundantemente na industria farmacéutica. En medicina utilízase entre outras cousas como dixestivo, substancia que favorece a dixestión, estando incluído na clasificación internacional ATC dentro do grupo A09, co código concreto de A09AB04.[1]
PesticidasEditar
As sementes de cítricos úsanse na elaboración de insecticidas ecolóxicos.
BiocombustíbelEditar
Téñense feito investigacións sobre as posibilidades de aproveitamento dos residuos dos cítricos, reconvertindo a pela e outros refugallos en produtos e artigos de alto valor engadido[2][3]).
Cítricos comúns vendidos en GaliciaEditar
- Laranxeira Citrus sinensis, árbore mediterránea, o froito é a laranxa.
- Limeira Citrus limetta, cítrico orxinario de Oriente Medio, o froito é a lima.
- Limoeiro Citrus limon, árbore mediterránea, o froito é o limón.
- Mandarineiro Citrus reticulata, cítrico orixinario do sueste asiático, o froito é a mandarina.
- Pomelo Citrus paradisi, a froita é o pomelo.
- Kumquat Citrus japonica, a laranxeira chinesa, o froito é a laranxa anana, é menos frecuente.
NotasEditar
- ↑ Véxase ATC index 2008, da páxina web do WHO Collaborating Centre for Drug Statistics Methodology do Instituto Noruegués da Saúde Pública (ligazón consultada o 4 de outubro de 2008).
- ↑ "Valencia contará con la primera planta del mundo para reconvertir los residuos citrícolas, iniciativa basada en las investigaciones de los profesores de la Universidad Politéc...". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2009. Consultado o 09 de novembro de 2012.
- ↑ "Valencia albergará la primera planta del mundo que hará combustible con cítricos". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2009. Consultado o 09 de novembro de 2012.
Véxase taménEditar
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cítrico |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Citrus |
BibliografíaEditar
- Mabberley D.J., A classification for edible Citrus (Rutaceae). 1997. Telopea 7(2): 167-172