Froito climatérico

Un froito climatérico é aquel froito que ten unha alta taxa respiratoria durante a colleita do mesmo. Durante o proceso de maduración dos froitos climatéricos, a produción dunha fitohormona, o etileno increméntase notabelmente até 1000 veces o nivel normal.

Uvas sen semente 'Crimson Seedless'. A uva é un froito de comportamento non climatérico, polo que a súa maduración dáse só na planta.

Os froitos climatéricos poden madurar unha vez que foron apañados. Un exemplo claro é a banana, que acostuma colleitarse e exportarse aínda verde. Outros froitos climatéricos son as mazás, os albaricoques, os aguacates, os figos, os caquis, os melóns, as goiabas, os kiwis, as mangas, as nectarinas e pexegos, as peras, as ameixas e os tomates.

Froitos non climatéricosEditar

Os froitos non climatéricos, son os que non maduran unha vez son apañados da planta. A aplicación de etileno non adianta o climaterio respiratorio; non hai produción autocatalítica de etileno e dende un punto de vista da maduración organoléptica non hai resposta ante tratamentos con etileno, agás en termos de desverdecemento (degradación de clorofilas). No caso destes froito cómpre asegurar que teñan alcanzado un estado apropiado de maduración para o seu consumo no momento da colleita.

Exemplos: ó ananás, os froitos secos, as uvas, a oliva, a cereixa, os cítricos en xeral (pomelo, limón, lima, mandarina, laranxa), a milgranda, o figo chumbo, a lichia, o néspero do Xapón, a carambola, a framboesa, o arando, a amora, o pemento, o cogombro, o amorodo, etc.