Cogombro
Cogombro | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cucumis sativus en Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Cucumis sativus' L., Sp. Pl., vol. 2, p. 1012, 1753 [2] |
O cogombro[1] (Cucumis sativus), é unha planta anual e rubideira, cultivada polo seu froito, unha hortaliza parente do melón. É orixinario da India.
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 65 kJ (16 kcal) |
3.63 g | |
Azucres | 1.67 |
Fibra alimentaria | 0.5 g |
0.11 g | |
0.65 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 2% 0.027 mg |
Riboflavina (B2) | 3% 0.033 mg |
Niacina (B3) | 1% 0.098 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 5% 0.259 mg |
Vitamina B6 | 3% 0.04 mg |
Ácido fólico (B9) | 2% 7 μg |
Vitamina C | 3% 2.8 mg |
Vitamina K | 16% 16.4 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 2% 16 mg |
Ferro | 2% 0.28 mg |
Magnesio | 4% 13 mg |
Manganeso | 4% 0.079 mg |
Fósforo | 3% 24 mg |
Potasio | 3% 147 mg |
Sodio | 0% 2 mg |
Cinc | 2% 0.2 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 95.23 g |
Fluoruro | 1.3 µg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
Descrición
editarPlanta anual, monoica, ou sexa que hai flores femininas e masculinas no mesmo individuo. O talo é deitado/rastreiro, ramificado, anguloso, hirsuto e con gabiáns. As follas, con pecíolo de 8–20 cm, é delgado e híspido con limbo de 12-18 por 11–12 cm, viloso-hispídulo nos nervios e piloso en ambas as dúas faces; o seu bordo é cordado-ovado, tri/penta palmatilobado, con lóbulos triangulares, dentados, acuminados ou agudos no ápice, o mediano de maior lonxitude e moi agudo. As flores masculinas, de 3 estames, son fasciculadas, con pedicelos de 0,5–2 cm, delgados, híspidos e o receptáculo, con tubo de 8–10 mm, son campanulado ou subcilíndrico, densamente viloso, e lóbulos de lonxitude subigual á do tubo, lineares, patentes, híspidos; a corola ten 2–3 cm de diámetro con 5 lóbulos oblongo-lanceolados, agudos. As flores femininas son solitarias ou fasciculadas, con pedicelo de até 2 cm, viloso; o periantio aseméllase ao das flores masculinas. O ovario, de placentación axial é de ordinario fusiforme, cuberto de pelos setiformes, dilatados na base. O froito (Pepónide), o cogombro, de talle moi variábel, é xeralmente oblongo, de cilíndrico a subtrígono, de cor verde e esparexidamente tuberculado cando inmaturo, despois amarelo averdado e liso. As sementes de 8-10 por 3–5 mm, son oblongas e abrancazadas[2]. Habitualmente dito froito apáñase aínda verde e se consome cru, ou elaborado coma conserva (xeralmente cogombros pequenos).
Sinonimia
editar- Cucumis esculentus Salisb.
- Cucumis hardwickii Royle
- Cucumis muricatus Willd.
- Cucumis rumphii Hassk.
- Cucumis sphaerocarpus Gabaev
- Cucumis vilmorinii Sprenger[3]
Ademais, os numerosos táxones infra-específicos descritos na literatura botánica son considerados, hoxe en día, meros sinónimos.[4]
- Cucumis sativus subsp. agrestis Gabaev
- Cucumis sativus f. albus M.Hiroe
- Cucumis sativus f. albus Pangalo
- Cucumis sativus var. albus Ser.
- Cucumis sativus var. anatolicus Gabaev
- Cucumis sativus var. anglicus L.H.Bailey
- Cucumis sativus var. arakis Forssk.
- Cucumis sativus f. australis Kitam.
- Cucumis sativus var. battich-djebbal Forssk.
- Cucumis sativus f. borealis Kitam.
- Cucumis sativus var. brullos Forssk.
- Cucumis sativus f. brunnescens Gabaev
- Cucumis sativus var. chatte Forssk.
- Cucumis sativus var. chiar Forssk.
- Cucumis sativus var. cilicicus Gabaev
- Cucumis sativus var. ennemis Forssk.
- Cucumis sativus var. europaeus Gabaev
- Cucumis sativus var. fakus Forssk.
- Cucumis sativus var. falcatus Gabaev
- Cucumis sativus var. fastigiatus Ser.
- Cucumis sativus subsp. gracilior Gabaev
- Cucumis sativus var. grossularioides Tkachenko
- Cucumis sativus var. hardwickii (Royle) Gabaev
- Cucumis sativus var. indo-europeus Gabaev
- Cucumis sativus var. irano-turanicus Gabaev
- Cucumis sativus var. izmir Gabaev
- Cucumis sativus f. pallescens Gabaev
- Cucumis sativus var. pallidus Gabaev
- Cucumis sativus subsp. rigidus Gabaev
- Cucumis sativus var. schemmam Forssk.
- Cucumis sativus var. squamosus Gabaev
- Cucumis sativus var. testudaceus Gabaev
- Cucumis sativus f. tuberculatus Hiroë
- Cucumis sativus var. tuberculatus Gabaev
- Cucumis sativus f. typicus Gabaev
- Cucumis sativus var. usambarensis Zimm.
- Cucumis sativus var. variegatus Ser.
- Cucumis sativus f. viridis Gabaev
- Cucumis sativus var. viridis Ser.
- Cucumis sativus var. vulgatus Gabaev
- Cucumis sativus var. xishuangbannanesis Qi Chunzhang & Yuan Zhenzhen
A comezos do século XX (1901-02), só en América do Norte, catalogáranse case 400 diferentes cultivares de cogombros[5]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogombro.
- ↑ "Cucumis sativus en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2013. Consultado o 03 de agosto de 2013.
- ↑ "Cogombro". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de decembro de 2009.
- ↑ Cucumis sativus en The Plant List
- ↑ Tracy, W.W. Jr., List of American Varieties of Vegetables for the years 1901 and 1902 in USDA - US. Bur. Pl. Indust. Bull., 21, p.167-182, GPO, Washington,1903 [1]
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cogombro |