Manga (froita)

froito da mangueira

A manga[1] é o froito da árbore chamada mangueira (Mangifera Indica). É unha froita da zona intertropical de polpa carnosa e de sabor doce. Esta pode ser ou non fibrosa, especialmente na variedade chamada "manga de hilacha". É unha froita normalmente de cor verde nun principio, amarela ou alaranxada cando está madura, de sabor medianamente acedo cando non madurou completamente. De orixe asiática, principalmente da India, comprende numerosas variedades, moitas delas obtidas por enxerto, como as que aparecen na imaxe (probablemente, mangas Thompson, que constitúen unha das variedades máis estendidas).

Mangas.

Propiedades nutritivas

editar
Manga
Valor nutricional por 100 g
Enerxía250 kJ (60 kcal)
15 g
Azucres13.7
Fibra alimentaria1.6 g
0.38 g
0.82 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
7%
54 μg
6%
640 μg
23 μg
Tiamina (B1)
2%
0.028 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.038 mg
Niacina (B3)
4%
0.669 mg
Ácido pantoteico (B5)
4%
0.197 mg
Vitamina B6
9%
0.119 mg
Ácido fólico (B9)
11%
43 μg
Colina
2%
7.6 mg
Vitamina C
44%
36.4 mg
Vitamina E
6%
0.9 mg
Vitamina K
4%
4.2 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
11 mg
Ferro
1%
0.16 mg
Magnesio
3%
10 mg
Manganeso
3%
0.063 mg
Fósforo
2%
14 mg
Potasio
4%
168 mg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
1%
0.09 mg

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Unha manga fresca contén cerca do 15 % de azucre, até 1 % de proteína e cantidades significativas de vitaminas, minerais e antioxidantes, podendo conter vitamina A, vitamina B e vitamina C. A manga é baixa en calorías, achega ó organismo antioxidantes. Apropiada para o metabolismo dos hidratos do carbono e problemas na epiderme. É de moi fácil dixestión aínda que pode ter efectos laxantes cando é consumida en exceso.