Pomelo
Pomelo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Froitos do pomelo | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Citrus × paradisi Macfad. |
O pomelo[1] (Citrus × paradisi), é unha árbore da familia das rutáceas cultivada pola súa froita cítrica. É un híbrido, probablemente producido de forma espontánea entre a Citrus maxima e a laranxeira doce (Citrus × sinensis) nas plantacións do mar Caribe ao redor do século XVII.
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 138 kJ (33 kcal) |
8.41 g | |
Azucres | 7.31 g |
Fibra alimentaria | 1.1 g |
0.10 g | |
.8 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 3% 0.037 mg |
Riboflavina (B2) | 2% 0.020 mg |
Niacina (B3) | 2% 0.269 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 6% 0.283 mg |
Vitamina B6 | 3% 0.043 mg |
Ácido fólico (B9) | 3% 10 μg |
Colina | 2% 7.7 mg |
Vitamina C | 40% 33.3 mg |
Vitamina E | 1% 0.13 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 1% 12 mg |
Ferro | 0% 0.06 mg |
Magnesio | 3% 9 mg |
Manganeso | 1% 0.013 mg |
Fósforo | 1% 8 mg |
Potasio | 3% 148 mg |
Cinc | 1% 0.07 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 90.48 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Características
editarO froito, chamado tamén pomelo[2], é un hesperidio globoso ou apenas piriforme, de ata 15 cm de diámetro. Está recuberto dunha tona grosa, carnosa, despegada do endocarpo, de cor amarela ou rosácea, con glándulas oleosas pequenas e moi aromáticas. Ten de 11 a 14 carpelos, firmes, moi xugosos, doces ou ácidos segundo a variedade, separados por paredes membranosas de característico sabor amargo que conteñen polpa de cor que vai da amarela pálida á vermella moi intensa. As sementes son escasas, de ata 1,25 cm de longo, normalmente poliembriónicas, lisas, elípticas ou apicadas, brancas por dentro.
Principais produtores
editarOs principais países produtores deste cítrico son os EUA, Arxentina, Cuba, Israel, Chipre, Mozambique, México e Suráfrica.
Notas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pomelo |
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pomelo.
- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 197. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |