Hesperidio
En Botánica, un hesperidio é unha clase de baga modificada, a miúdo obtido de cítricos. É un froito carnoso de pela máis ou menos endurecida, constituída por pericarpo, mesocarpo e endocarpo, e materia carnosa entre o endocarpo ou parede interior do ovario e as sementes. Neste caso, logo, a parte carnosa non está constituída polas paredes do ovario, senón por carpelos pechados e inchados entre elas e mais as sementes. O deseño é logo totalmente diferente ao das bagas, coas que poden ser confundidos, onde son o mesocarpo e mailo endocarpo os que constitúen a materia carnosa ou polpa.
Algúns exemplos de hesperidios son os froitos das Rutáceas, coma por exemplo, o limón, a laranxa ou a mandarina.