Mandarineira

árbore
(Redirección desde «Mandarineiro»)
Mandarineira
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Sapindales
Familia: Rutaceae
Subfamilia: Citroideae
Tribo: Citreae
Xénero: Citrus
Especie: C. reticulata
Nome binomial
Citrus reticulata
Blanco
Sinonimia
Citrus chrysocarpa Lush.
Citrus khasia Marc
Citrus nobilis Andrews nom. illeg.
Citrus nobilis var. poonensis Hayata
Citrus poonensis Hort. ex Tanaka
Citrus reticulata var. chrysocarpa Tanaka

A mandarineira[1][2] ou mandarineiro[3] (Citrus reticulata) é unha árbore pequena de entre 2 e 6 metros de altura, normalmente co tronco torto e sen espiñas. As súas pólas son angulosas, e as follas son oblongo-ovais, elípticas ou lanceoladas, de 3.5–8 cm de lonxitude e 1.5–4 cm de anchura, coa base e o ápice obtusos. O seu froito é a mandarina, que posúe de 4–7 cm de lonxitude e 5–8 cm de diámetro. A súa cor varía de amarela verdosa ao laranxa e vermello alaranxado. A superficie é brillante e está chea de glándulas oleosas afundidas. A casca é delgada, moi fragante, separándose facilmente da polpa.

A mandarineira é unha especie nativa da China.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mandarineira.
  2. Nome da árbore en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.