Lista dos duques de Baviera
Na seguinte listaxe recóllense, por orde cronolóxica, os soberanos que tivo Baviera ao correr da historia:
Duques de Baviera
editarEn torno ao ano 555, os reis merovinxios puxeron a rexión raiana baixo a administración dun duque, que actuaba como gobernador, de xeito que, aínda que Baviera pertencía ao territorio merovinxio, non pertenceu a ningún dos tres reinos merovinxios (Austrasia, Neustria e Borgoña).
- Garibaldo I, 548- 591.
- Tasilón I, 591-610.
- Garibaldo II, 610-630.
Á morte de Garibaldo II seguiron unha serie de rexentes máis ben descoñecidos que gobernaron sobre 50 anos. Os máis probábeis son:
No 680 dáse inicio á historia coñecida de Baviera con Teodón II:
- Teodón II, 680-716.
- Teodeberto I, 702-719.
- Teodebaldo, 711-719.
- Tasilón II, 716-719.
- Grimoaldo I, 716-719 e 725.
- Huberto I, 725-737.
- Odilón I, 737-748 - Grifón, 748 (usurpador).
- Tasilón III, 748-788. Deposto.
- Teodón e Teoberto, fillos de Tasilón III, enclaustrados.
Dinastía Carolinxia, 788-911
editarOs reis carolinxios dos francos asumiron o control do territorio. O emperador Lois o Piadoso dividiu partes do imperio entre os seus fillos, como reis subordinados, co que Baviera pasou a ser un reino dentro do imperio ou do reino franco oriental.
- Carlomagno, 788-814 (Xeroldo, duque subordinado 794-799).
- Lois o Piadoso, 814-815 (m. 840)
Lois investiu ao seu fillo Lotario no reino de Baviera en 815:
En 817, Lotario foi coroado co-emperador por primeira vez, e o imperio foi redividido. Ao seu irmán Lois asignóuselle o reino de Baviera:
- Lois o Xermánico, 817 - 843/(876)
Lois o Xermánico foi rei de toda a parte oriental do imperio en 843. En 864 outorgou o control de Baviera (como subregulus) ao seu fillo Carlomán, e morreu en 876.
- Carlomán, 864 - 880.
- Lois o Mozo, 880 - 882.
- Carlos o Gordo, 882 - 887. Deposto.
- Arnulfo de Carintia, 887 - 899. Fillo bastardo de Carlomán, rebelouse contra o emperador Carlos III e foi elixido na parte oriental do imperio.
- Lois o Neno, 899 - 911.
Dinastía Luitpoldinga, 921-947
editarLuitpoldo de Baviera, o fundador da súa dinastía, non foi duque de Baviera, senón margrave de Carintia, en época de Lois o Neno.
- Arnulfo o Malo proclamouse[Ligazón morta] duque de Baviera a partir de 907 aproveitando a conxuntura provocada polas correrías maxiares. Elixido rei rival a Henrique o Paxareiro en 919, foi sometido e recoñecido como duque en 921. Morreu en 937.
- Everardo 937-938. Deposto.
- Bertoldo 938-947. Fillo de Luitpoldo de Baviera.
Neste período, os reis de Francia Oriental (Germania) transferiron o territorio bávaro a diferentes mans, incluíndose os propios reis, non permitindo a sucesión de liñaxes familiares.
Á morte do duque Bertoldo, o rei Odón I outorgou o ducado ao seu irmán Henrique (que pola súa vez era xenro do duque Arnulfo)
- Henrique I, duque de Baviera 947-955 Dinastía Saxoa.
- Henrique II o Enredante 955-976, primeira vez. Deposto. Dinastía Saxoa.
- Odón I 976-982, e tamén duque de Suabia (973–982). Dinastía Saxoa.
- Henrique III 983-985. Fillo do duque Bertoldo. Dinastía Luitpoldinga. Henrique III cambiou Baviera por Carintia, e Henrique II recibiu Baviera de novo.
- Henrique II o Enredante 985-995, segunda vez. Dinastía Saxoa.
- Henrique IV 995-1004. Tamén rei de Alemaña (1002-1024), e emperador desde 1014. Dinastía Saxoa.
- Henrique V 1004-1009, 1017-1026. Conde de Luxemburgo (998-1026).p Cuñado do emperador Henrique II, quen exerceu control directo sobre o ducado entre 1009-1017. Dinastía de Luxemburgo.
- Henrique VI o Negro 1026-1042, Rei de Alemaña (1039-1056), emperador desde 1046. Dinastía Salia.
- Henrique VII 1042-1047. Conde de Luxemburgo (1026-1047). Sobriño de Henrique V. Dinastía de Luxemburgo.
- Conrado I (Cuno) 1049-1053. Deposto. Ezzonen.
- Henrique VIII 1053-1054 (menor de idade), primeira vez. Rei de Alemaña (1053-1105), emperador desde 1084. Dinastía Salia
- Conrado II 1054-1055 (menor de idade) Dinastía Salia
- Henrique VIII, 1055-1061 (menor de idade), segunda vez.
- Odón II 1061-1070. Northeim. En 1061, Agnes de Poitou, nai e rexente do emperador Henrique IV, outorgoulle o ducado de Baviera.
En 1070, o rei Henrique IV depuxo ao duque Odón, investindo o ducado a Güelfo I, da rama máis antiga da Casa de Este (dinastía güelfa).
- Güelfo I 1070-1077, 1096-1101 dinastía güelfa. Nas vicisitudes da Querela das Investiduras, foi desposuído do seu ducado, que pasou a ser administrado pola coroa alemá.
- Güelfo II 1101-1120 Güelfo
- Henrique IX 1120-1126 Güelfo, abdicou.
- Henrique X o Soberbio 1126-1139 Güelfo, tamén duque de Saxonia (1137-1139). Dado que morreu loitando contra o Rei de romanos Conrado III, e o seu fillo Henrique era menor de idade, o rei Conrado garantiu o ducado de Baviera aos Margraves de Austria da dinastía Babenberg.
- Leopoldo 1139-1141 Babenberg
- Henrique XI Jasomirgott 1143-1156 Babenberg. Irmán de Leopoldo.
Cando Frederico I chegou a ser electo Rei de romanos, restaurou o ducado de Baviera aos Güelfos, isto es, a Henrique o León, fillo de Henrique o Soberbio.
- Henrique XII o León 1156-1180 Güelfo, tamén duque de Saxonia (1142–1180). Destituído.
Dinastía Wittelsbach 1180-1253
editarEn 1180, o emperador Frederico I desposuíu a Henrique XII o León dos seus ducados e investiu Baviera a Odón da Casa de Wittelsbach. Malia ser Odón I de Wittelsbach o terceiro duque de Baviera con ese nome, o seu ordinal é Odón I por ser o fundador da nova dinastía.
Tras a morte de Odón II, en 1255, Baviera foi dividida entre os seus fillos. Henrique chegou a ser Duque de Baixa Baviera, e Lois de Alta Baviera.
Duques de Baixa Baviera |
Duques de Alta Baviera |
Os duques de Alta Baviera tamén foron Condes Palatinos do Rin. En 1329, o emperador e duque Lois IV renunciou ao Palatinado e un anaco de Baviera, que pasou a denominarse Alto Palatinado (Oberpfalz), aos fillos de Rodolfo I, que formarían a Rama Palatinata da familia Wittelsbach. O Alto Palatinado reuniríase con Baviera en 1623, e o resto do Palatinado en 1777.
En 1349, os seis fillos do emperador Lois IV dividiron Baviera en Alta e Baixa, ás que seguiron máis reparticións e agrupacións.
Duques de Baixa Baviera |
Duques de Alta Baviera | ||||||||||
En 1353, Baixa Baviera foi dividida en Baviera-Landshut e Baviera-Straubing. |
En 1363, os territorios de Alta Baviera reuníronse con Baviera-Landshut. | ||||||||||
Duques de Baviera-Landshut | Duques de Baviera-Straubing (Condes de Holanda e Zelandia desde 1354, e de Hainaut desde 1356 ata 1432) | ||||||||||
Duques de Baviera-Landshut | Duques de Baviera-Straubing | ||||||||||
En 1392 Baviera-Landshut foi partida en tres ducados: Baviera-Múnic, unha reducida Baviera-Landshut e Baviera-Ingolstadt. |
Baviera-Straubing foi repartido entre os outros ducados bávaros en 1429. | ||||||||||
Duques de Baviera-Múnic | Duques de Baviera-Landshut | Duques de Baviera-Ingolstadt | |||||||||
Duques de Baviera-Múnic | Duque de Baviera-Landshut | Duques de Baviera-Ingolstadt | |||||||||
Baviera-Múnic foi partida entre unha máis pequena Baviera-Múnic e Baviera-Dachau en 1467 |
Baviera-Ingolstadt foi anexionada por Baviera-Landshut en 1447. | ||||||||||
Duques de Baviera-Landshut | |||||||||||
Baviera-Landshut foi anexionada por Baviera-Múnic en 1505, tras unha guerra de sucesión. | |||||||||||
Duque de Baviera-Múnic | Duque de Baviera-Dachau | ||||||||||
Baviera-Dachau reuniuse con Baviera-Múnic en 1501. | |||||||||||
Duque de Baviera-Múnic | |||||||||||
|
Duques de Baviera unida, 1505-1623
editar- Alberte IV "o Sabio" 1505 - 1508. Duque de Baviera-Múnic. Reuniu os territorios bávaros tras unha guerra de sucesión en Landshut (1503-1505).
- Guillerme IV 1508 - 1550 xunto con
- Alberte V 1550 - 1579
- Guillerme V 1579 - 1597 Abdicou.
- Maximiliano I 1597 - 1623
Electores de Baviera, 1623-1805
editar- Maximiliano I 1623-1651 foi aliado do Emperador Fernando II na Guerra dos Trinta Anos. Cando o Elector Palatino, Frederico V, da rama maior dos Wittelsbach, foi deposto por se enfrontar ao emperador, Maximiliano I obtivo a dignidade electoral en 1623, cun anaco do Palatinado (Oberpfalz). En 1648, o herdeiro de Frederico V foi restaurado en parte do seu territorio co título electoral, pero Maximiliano retivo o seu novo electorado para os seus descendentes.
- Fernando María 1651-1679
- Maximiliano II 1679-1706; 1714-1726. Ao se enfrontar ao Emperador con motivo da Guerra de Sucesión Española, foi deposto do seu Electorado en 1706, pero foille retornado en 1714 pola Paz de Baden.
- Carlos Alberte 1726-1745. Emperador electo en 1742 (como Carlos VII), os austríacos ocuparon Baviera entre 1742-1744.
- Maximiliano III 1745-1777. Ao morrer sen descendencia, a súa herdanza pasou á rama Palatina, reunindo as dúas áreas territoriais da Casa de Wittelsbach, e fusionando as dúas dignidades electorais nunha soa.
- Carlos Teodoro 1777-1799. Ao morrer sen descendencia, a súa herdanza pasou á rama colateral Palatina-Zweibrücken-Birkenfeld.
- Maximiliano IV 1799-1805
Reis de Baviera, 1805-1918
editarCasa Wittelsbach
- Maximiliano I 1806-1825. Adoptou a intitulación de rei o 1 de xaneiro de 1806.
- Lois I 1825-1848
- Maximiliano II 1848-1864
- Lois II 1864-1886. En 1871, Baviera formou parte do Reich alemán. Foi incapacitado en 1886, e morreu días despois.
- Odón 1886-1913. Declarado enfermo mental e incapacitado desde 1875, todo o seu reinado foi exercido polos rexentes, o seu tío e o seu curmán, ata que foi deposto e morreu en 1916.
- Príncipe Leopoldo de Baviera, Rexente 1886-1912
- Príncipe Lois de Baviera, Rexente 1912-1913
- Lois III 1913-1918. Rexente en 1912-1913. Abdicou tras as revolucións en Alemaña ao final da primeira guerra mundial, e Baviera converteuse na República Soviética de Baviera.
Ligazóns externas
editar- Dinastía axilofinga: Die Genealogie der Franken und Frankreichs (en alemán)
- Casa de Wittelsbach (en alemán)