Garibaldo I de Baviera

Garibaldo I de Baviera, nado polo 540 e finado polo 591 ou 593, foi rei de Baviera e logo o primeiro duque de Baviera, cando pasou a ser un protectorado franco,[1] pertencente á Dinastía Axilolfinga desde o 555,[2] aproximadamente, ao 591. É considerado o pai das dinastías bávaras.

Garibaldo I de Baviera
GARIBALDO I DE BAVIERA.jpg
Nacementoséculo Vxuliano e 540
Lugar de nacementoBaviera
Falecementoc. 593, c. 591 e 593
Lugar de falecementovalor descoñecido
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónmonarca e aristócrata
CónxuxeWaldrada
FillosTeodelinda de Baviera, Gundoaldo, Tasilón I de baviera, Romilda of Friuli, Grimoald I e Tochter von Bayern
Na rede
WikiTree: Agilofing-29
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Trala morte do rei merovingio Teodebaldo, o seu sucesor Clotario I casou coa súa viúva Waldrada, filla do rei dos lombardos Vacón. Os bispos de Clotario refutaron o matrimonio, polo que entregou a Waldrada como esposa a Garibaldo no ano 556. Isto contribuíu ao prestixio de Garibaldo e ademais axudoulle a establecer notables relacións diplomáticas entre os bávaros e os lombardos de Panonia e Bohemia, o que trouxo consecuencias importantes cando os lombardos se instalaron en Italia o ano 568.

Ao pouco tempo, os merovinxios trataron, durante 585, de achegar a Garibaldo á súa política, propondo o matrimonio entre a súa filla Teodolinda e o rei Childeberto II. Ao mesmo tempo querían estreitar as relacións con Autario, o novo rei lombardo, propondo o matrimonio deste coa irmá de Childeberto.Ámbalas dúas ofertas foron desatendidas e finalmente Autario casou con Teodolinda o ano 588.

Intuíndo unha política antifranca, os francos enviaron un exército a Baviera. Os fillos de Garibaldo Gundoaldo e Teodolinda escaparon a Italia, e Autario nomeou o seu cuñado duque de Asti. En 590, os francos invadiron Lombardía coa axuda de Bizancio pero foron derrotados.

Ao ano seguinte, Childeberto estabilizou as relacións entre francos e lombardos. Autario morreu o ano 590 e os duques lombardos pedíronlle a Teodolinda que volvese casar e ela elixiu a Agilulfo, que foi nomeado sucesor. Negociaron unha paz con Childeberto que se mantivo por decenios. A paz con Baviera estableceuse unha vez que Tasilón tomou o poder.

Non está claro se Garibaldo foi deposto ou se morrera. Tamén se descoñece a relación entre Tasilón e Garibaldo; o que se pode deducir dos testemuños da época é que, sen dúbida, non foi un dos seus fillos.

FamiliaEditar

Con Waldrada , Garibaldo I tivo os seguintes fillos:

  • probablemente; Tasilón I. Aínda que en ningún documento aparece o nome de Tasilon, dado que el é o pai de Garibaldo II, quen é o que sucede a Garibaldo I, Tasilón é considerado como o fillo maior de Garibaldo I.[3]
  • Teodelinda, Theodelinda ou Teodolinda: casada con Autario e despois con Agilulfo, reis dos lombardos.[4][5]
  • Grimoald[4], 590-595, duque de Baviera.
  • Gondovaldo ou Gundoaldo: Duque de Asti e Duque de Trento; pai de Aripert, rei dos lombardos.[4][5]
  • Filla de nome descoñecido, casada co duque Eoino de Trento.[4]
  • Probablemente, outra filla, nai de Pipino de Landen.[6]
  • Probablemente, outra filla, Romilda (falecida en 610), esposa de Gisulf II, duque de Friuli (fallecido en 610), varios de cuxos fillos levan nomes axilolfingas.[7]

NotasEditar

  1. Herrera Roldán (2006).
  2. Schutte (2013), p. 135.
  3. Settipani (1989), pp. 88-89.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Settipani (1989), pp. 84-85.
  5. 5,0 5,1 Cawley, Charles (20 de novembro de 2020). "BAVARIA, DUKES". fmg.ac (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2021. 
  6. Settipani (1989), pp. 68-69.
  7. Settipani (1989), pp. 89-90.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Herrera Roldán, Pedro (2006). Pablo Diácono, Historia de los Longobardos (en castelán). Cádiz: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz. ISBN 84-9828-072-9. 
  • Schutte, Gudmund (2013 [1933]). Our Forefathers (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-1-107-67723-4. 
  • Settipani, Christian (1989). Les Ancêtres de Charlemagne (en francés). París: Ediciones Christian. ISBN 2-906483-28-1. 
  • Störmer, Wilhelm (2002). Die Baiuwaren: Von der Völkerwanderung bis Tassilo III (en alemán). Múnic: C. H. Beck. ISBN 3-406-47981-2.